Premios Gaudí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Premios Gaudí
Tipogrupo de premios
Data de fundación2009
Nomeado en referencia aAntoni Gaudí
PaísEspaña
Na rede
https://www.academiadelcinema.cat/ca/premis-gaudi-ca
IMDB: ev0001574 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os Premios Gaudí son uns galardóns outorgados pola Academia do Cine Catalán que recoñecen as mellores producións cinematográficas catalás do ano. Substitúen ao Premio Barcelona de Cine, creado en 2002, e púxoselles o nome en honor do arquitecto catalán Antoni Gaudí.

O trofeo foi deseñado por Montserrat Ribé, e está inspirado nas chemineas da Pedrera,[1] unha das obras máis recoñecidas do singular arquitecto. As primeiras candidaturas ás diferentes categorías fixéronse públicas o 23 de decembro de 2008, e os primeiros premios foren outorgados o 19 de xaneiro de 2009.

Categorías[editar | editar a fonte]

  • Gaudí de Honra
  • Mellor película en lingua catalá
  • Mellor película en lingua non catalá
  • Mellor director
  • Mellor documental
  • Mellor película de animación
  • Mellor película para televisión
  • Mellor película europea
  • Mellor guión
  • Mellor actor principal
  • Mellor actriz principal
  • Mellor actor secundario
  • Mellor actriz secundaria
  • Mellor fotografía
  • Mellor música orixinal
  • Mellor montaxe
  • Mellor dirección artística
  • Mellores efectos especiais
  • Mellor son
  • Mellor curtametraxe
  • Mellor vestiario
  • Mellor maquillaxe e peiteado
  • Mellor dirección de produción

Historial[editar | editar a fonte]

Edición Ano Lugar
I 2009 Cinema Coliseum de Barcelona
II 2010 Cinema Coliseum de Barcelona
III 2011 Teatre Artèria Paral·lel de Barcelona
IV 2012 Teatre Artèria Paral·lel de Barcelona
V 2013 BTM de Barcelona
VI 2014 BTM de Barcelona
VII 2015 Sant Jordi Club de Barcelona
VIII 2016 CCIB de Barcelona

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nacen os Premios Gaudí, que librará anualmente a Academia do Cine Catalán". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2010. Consultado o 02 de marzo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]