Treponema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Treponema
espiroquetas de Treponema pallidum
espiroquetas de Treponema pallidum
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Spirochaetes
Clase: Spirochaetes Cavalier-Smith 2002
Orde: Spirochaetales Buchanan 1917
Familia: Spirochaetaceae Swellengrebel 1907
Xénero: 'Treponema Schaudinn 1905
Especies
Treponema pallidum.

Treponema é un xénero de bacterias do grupo das espiroquetas, finas e pequenas (de 0,1 a 0,4 µm de diámetro e 6 a 10 µm de longo), con espiras regulares e apertadas e extremos afiados. A especie máis importante do xénero é Treponema pallidum, axente causante da sífilis.

As especies Treponema hyodysenteriae e Treponema innocens foron reclasificadas no xénero Serpula.[1]

Características[editar | editar a fonte]

As especies de Treponema son bacterias helicoidais que se tinguen dificilmente con colorantes de anilina e facilmente con Giemsa ou por impregnación arxéntica. Son móbiles en medios líquidos, xa que se moven por rotación ou translación. Teñen de 1 a 5 flaxelos, xeralmente 3. Son organismos quimioheterótrofos, que utilizan unha gran variedade de carbohidratos ou aminoácidos como fonte de enerxía e carbono. Realizan unha respiración aerobia estrita ou son microaerófilos. En fresco só poden observarse cun microscopio de campo escuro ou por contraste de fase.

Patoxenia[editar | editar a fonte]

As especies patóxenas son difíciles de cultivar no laboratorio, e é máis fácil visualizar o organismo directamente da mostra con inmunofluorescencia directa e certas tinguiduras especializadas. Normalmente son parasitos e patóxenos do home e animais. Viven na cavidade oral, o aparato dixestivo e órganos xenitais.

Especies principais[editar | editar a fonte]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.

A taxonomía actualmente aceptada deste xénero está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [5] e nos datos do National Center for Biotechnology Information (NCBI)[6] e a filoxenia foi elaborada con datos do ARNr de 16S da LTP 106 polo 'The All-Species Living Tree' Project [7]



?T. bryantii Stanton e Canale-Parola 1980



?T. calligyrumNoguchi



?T. carateum



?T. minutumDobell 1912


 ?T. pallidum

T. p. endemicumSmibert 1984



T. p. pallidum(Schaudinn and Hoffmann 1905) Schaudinn 1905




?T. paraluiscuniculi(Jacobsthal 1920) Smibert 1974



?T. pertenue(Castellani 1905) Castellani e Chalmers 1910




T. p. phagedenis(Noguchi 1912) Brumpt



T. p. vaccaeEvans et al. 2006




?T. refringens(Schaudinn e Hofmann 1905) Castellani e Chalmers



?T. vincentiiSmibert 1984



?T. zioleckiiPiknova et al. 2008




Spirochaeta caldaria Pohlschroeder et al. 1995




T. isoptericolens Dröge et al. 2008




T. azotonutricium Graber et al. 2004



T. primitia Graber et al. 2004






Notas:
♦ Cepa tipo perdida ou non dispoñible
♠ Cepas que se encontran no National Center for Biotechnology Information (NCBI) pero non están na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LSPN)
♥ Cepas que non figuran no NCBI nin na LPSN.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stanton TB, Jensen NS, Casey TA, Tordoff LA, Dewhirst FE, Paster BJ (January 1991). «Reclassification of Treponema hyodysenteriae and Treponema innocens in a new genus, Serpula gen. nov., as Serpula hyodysenteriae comb. nov. and Serpula innocens comb. nov». Int. J. Syst. Bacteriol. 41 (1): 50–8. doi:10.1099/00207713-41-1-50. PMID 1704792. 
  2. Antal GM, Lukehart SA, Meheus AZ (January 2002). «The endemic treponematoses». Microbes Infect. 4 (1): 83–94. doi:10.1016/S1286-4579(01)01513-1. PMID 11825779. 
  3. Harper KN, Liu H, Ocampo PS et al. (August 2008). «The sequence of the acidic repeat protein (arp) gene differentiates venereal from nonvenereal Treponema pallidum subspecies, and the gene has evolved under strong positive selection in the subspecies that causes syphilis». FEMS Immunol. Med. Microbiol. 53 (3): 322–32. doi:10.1111/j.1574-695X.2008.00427.x. PMID 18554302. 
  4. 4,0 4,1 M. T. Madigan, J. M. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. 10ª edición. (2003). Pearson Prentice Hall. Páxina 434. ISBN 84-205-3679-2.
  5. J.P. Euzéby. «Treponema». List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [1]. Consultado o 2011-11-17. 
  6. Sayers et al. «Treponema». National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database [2]. Consultado o 2011-06-05. 
  7. 'The All-Species Living Tree' Project.«16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)» (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database [3]. Consultado o 2011-11-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Treponema