Saltar ao contido

Tratato de Aquisgrán (1748)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Europa despois do Tratado de Aquisgrán

O Tratado de Aquisgrán de 1748, tamén chamado Tratado de Aquisgrán ou Tratado de Aachen ou de Aix-La Chapelle foi asinado en Aquisgrán o 18 de outubro de 1748, ao remate das negociacións que comezaron o 24 de abril do mesmo ano, e que puxo fin á Guerra de sucesión austríaca.[1]

A guerra de sucesión de Austria

[editar | editar a fonte]

A guerra de sucesión austríaca estivo motivada por unha complexa situación sucesoria: o emperador xermánico Carlos VI de Habsburgo, que non tiña fillos varóns, coa Pragmática Sanción de 1713 regulou a sucesión imperial en beneficio da súa filla María Teresa. A pesar da aprobación previa das potencias europeas, á morte de Carlos VI, o 19 de outubro de 1740, naceu un conflito europeo, desencadeado polos proxectos de anexión de Federico II de Prusia, Reino de España, o Reino de Sardeña e as aspiracións á coroa imperial do electorado de Baviera, Carlos VII e Augusto III de Saxonia; o conflito tamén implicou a Francia e as colonias españolas, atacadas por Gran Bretaña.

O tratado de paz

[editar | editar a fonte]

En base ao Tratado de Aquisgrán, que puxo fin ao conflito, confirmouse a Pragmática Sanción de 1713 e recoñeceuse a parella imperial formada por María Teresa e Francesco Stefano di Lorena. Francia devolveu os Países Baixos do Sur (é dicir, a actual Bélxica) a Austria e aceptou o restablecemento do status quo nos territorios de ultramar (intercambio de Madrás coa Fortaleza de Louisbourg; extensión por catro anos do asiento a favor da Gran Bretaña). O estado que obtivo maior vantaxe foi Prusia, que se anexionou definitivamente a rica rexión de Silesia, arrincada de Austria. O tratado tamén atribuía:

  1. "Tratado de Aquisgrán - EcuRed". www.ecured.cu. Consultado o 2022-04-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/btv1b8625375d/f1 "Traité de paix entre le Roi, le Roi de la Grande Bretagne, et les Etats genéraux des Provinces-unies des Pays-Bas, conclu à Aix-la-Chapelle le 18 octobre 1748; avec les accessions du Roi Catholique de la Reine de Hongrie et de Bohême, impératrice, du Roi de Sardaigne, du Duc de Modène et de la République de Gênes"