Transport for London

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Transport for London
Transport for London logo (2013).svg
Logo e eslogan
Tipo Empresa Pública
Fundación 1999
Localización Windsor House, Victoria Street, Westminster, Gran Londres Inglaterra Inglaterra
Fundador Acta da Autoridade do Gran Londres de 1999
Persoas clave Sadiq Khan (Presidente como alcalde do Gran Londres)
Mike Brown (Administrador)
Industria Transporte Público
Produtos Metro, metro lixeiro, trens suburbanos, tranvías, buses, transporte fluvial, rede viaria principal, alugueiro de bicis
Número de empregados 28.000
Páxina web https://tfl.gov.uk/

Transport for London (TfL) é o ente público local responsábel do sistema de transporte do Gran Londres, en Inglaterra.[1] A súa sede central está na Windsor House, na Cidade de Westminster.[1]

TfL posúe o control da rede viaria principal de Londres, de servizos ferroviarios que inclúen o metro de Londres, ferrocarrís suburbanos (Londres Overground e TfL Rail), metro lixeiro (DLR) e tranvías, autobuses, taxis, arrendamento de bicis na rúa e transporte fluvial. Todos estes servizos son xestionado á súa vez a través de distintas empresas que poden ser públicas (principalmente London Underground), franquías do sector privado (ferrocarrís suburbanos, metro lixeiro, tranvías e autobuses) ou mediante o sistema de licenzas (algúns autobuses, taxis e servizos fluviais). TfL é tamén responsábel, conxuntamente co Departamento de Transporte (DfT) -equivalente a unha Dirección Xeral española- da construción da nova liña mixta bautizada como Crossrail ou Elizabeth Line, igual que será tamén responsábel da franquía que a xestione unha vez se poña en funcionamento.[2]

Para o exercicio 2015-16, TfL tiña un orzamento de 11.500.000.000 £, o 40% do cal procedía da venda de billetes. O resto proviña do financiamento do goberno estatal (23%), préstamos (20%), outros ingresos (9%) e financiamento para o Crossrail (8%).

O 21 de xaneiro de 2016, anunciouse que todo o control dos servizos de ferrocarril suburbanos que pasan polo centro de Londres serían transferidos desde o DfT a TfL. Esta transferencia terá lugar no momento en que as actuais adxudicatarias finalicen o seu contrato. O DfT continuará a ser responsábel das operadoras que operen servizos co arrabalde e intercidades desde e  cara a Londres. Este anuncio viña a ampliar os acordos de franquía previamente existentes para o London Overground e TfL Rail.[3]

Mapa esquemático de todos os servizos ferroviarios xestionados por TfL máis as extensións previstas

Historia[editar | editar a fonte]

A TfL foi creada no ano 2000 como parte da Autoridade do Gran Londres pola Acta da Autoridade do Gran Londres de 1999.[4] Herdou as máis das funcións do seu predecesor, a empresa pública Transporte Rexional de Londres.

TfL Non asumiu a responsabilidade do Metro de Londres até 2003.

O 1 de xuño de 2008 prohibiuse tanto o consumo como o feito de portar abertas bebidas alcohólicas dentro dos trens, tranvías, buses barcos e estacións baixo o control de TfL[5][6]. Segundo informes do Autoridade do Gran Londres feitos públicos en 2011, a adopción desta medida supuxera unha redución do 15% no número de actos de agresións e acoso aos traballadores de TfL.

En setembro de 2016, TfL lanzou nas redes sociais da Internet un vídeo no que algúns dos seus empregados, pertencentes a distintos departamentos, animaban cadanseu na súa lingua natal, a que a xente de todos os lugares do mundo seguira a acudir a capital británica. Esta gravación formaba parte dunha campaña conxunta coordinada polo daquela recentemente electo alcalde de Londres,[7] Sadiq Khan, en resposta aos ataques racistas xurdidos na capital e outras cidades da illa -principalmente inglesas- logo da campaña en prol do Brexit. Así, baixo o lema común "London is open" (que se pode interpretar en galego como "Londres está aberta" ou "Londres é aberta"), aparece aos 25 segundos de vídeo unha moza galega[8] dicindo "Londres está aberto para todos"[9][10][11][12].

Organización[editar | editar a fonte]

Estrutura organizativa[editar | editar a fonte]

TfL está controlada por un gabinete cuxos membros son nomeados polo alcalde do Gran Londres, cargo que ostenta Sadiq Khan desde maio de 2016. O comisionado ou administrador de TfL é quen lidera o equipo de dirección -con responsabilidades funcionais individuais- e o responsábel de comparecer e responder perante o gabinete designado polo alcalde[13].

A estrutura organizativa está dividida en tres empresas subsidiarias distintas[14][15]:

  • TfL Trustee Co. Ltd., depositaria do fondo de pensións da compañía.
  • London Transport Insurance Guernsey Ltd. (LTIG), compañía aseguradora con sede en Guernsey que proporciona servizos de seguros á propia compañía, ou empresas subsidiarias así como a algunhas subcontras.
  • Transport Trading Ltd., leva directamente a cabo actividades comerciais e é quen recibe os ingresos xerados pola venda de billetes para servizos baixo o seu control. Por lei non poden desenvolver certas actividades se non é a través de filiais de responsabilidade limitada. Consecuentemente, ten constituído o seguinte holding:
    • Woolwich Arsenal Rail Enterprises Ltd.
    • City Airport Rail Enterprises Ltd.
    • Crossrail Ltd., responsábel do proxecto e posta en marcha do Crossrail
    • Docklands Light Railway, propietaria da plataforma do metro lixeiro que opera nos antigos barrios portuarios do leste londiniense, na actualidade baixo unha concesión ao sector privado, que se encarga tamén do mantemento.
    • London Buses Ltd., responsábel do London Dial-a-Ride, un servizo de transporte colectivo "porta a porta" para persoas con mobilidade reducida.
    • London Bus Services Ltd., responsábel de regular rede londiniense, incluíndo a planificación de rutas e o número de buses. Tamén controla e supervisa a calidade do servizo. Asemade, é responsábel do fornecemento da infraestrutura e servizos auxiliares que sexan precisos.
    • London Dial-a-Ride Limited, constituída en 1991 como medida de continxencia, en caso de que fora necesaria para que certos servizos puideran funcionar directamente; nunca chegou operar.
    • London River Services, opera e xestiona oito peiraos no Támese. Outorga licenzas aos barcos que empregan eses peiraos e subvenciona servizos de transporte público fluvial operados por compañías privadas.
    • London Transport Musem Ltd., entidade sen ánimo de lucro incorporada en 2008, posúe e explota o Museo do Transporte de Londres en Covent Garden, que á súa vez ten un depósito de exhibición de material histórico en Acton[16].
    • London Transport Museum (Trading) Limited, empresa comercial do Museo do Transporte de Londres establecida para desenvolver actividades destinadas a beneficiar economicamente o museo, como a tenda.
    • London Underground Ltd. (LUL), responsábel do funcionamento da infraestrutura de metro orixinal, posúe parcialmente ou na súa totalidade máis de 250 estacións.
    • LUL Nominee BCV Ltd., responsábel das liñas Bakerloo, Central e Victoria.
    • LUL Nominee SSL Ltd., responsábel das liñas subsuperficiais Metropolitan, District, Circle e Hammersmith & City.
    • Tube Lines Limited, responsábel das liñas Northern, Jubilee e Waterloo & City.
    • Rail for London (Infrastructure) Limited, administrador da infraestrutura do tramo central da futura Ellizabeth Line
    • Rail for London Ltd., responsábel do desenvolvemento da liña norte de Londres.
    • Tramtrack Croydon Limited, responsábel da xestión e funcionamento do servizo de tranvía na área de Croydon.
    • UKTram Limited, empresa asociada da London Bus Services Ltd. (LBSL). De responsabilidade civil limitada, está compartida a partes iguais pola LBSL, a Confederación de Pasaxeiros Transportes do Reino Unido, PTEG Ltd. e o Light Rapid Transit Forum. O seu principal obxectivo é representar a industria do tranvía no Reino Unido e tratar con órganos gobernamentais para un desenvolvemento coordinado e estruturado na regulación, contratación e estandarización dentro da industria.
    • Transport for London Finance Limited, incorporada en novembro de 2008 como subsidiaria da Transport Trading Ltd, o seu obxectivo principal é participar en certas transaccións financeiras en nome dos membros do grupo.
    • TTL Earl's Court Properties Limited
    • TTL Properties Limited
    • Tube Lines Pension Scheme Trustees Limited, depositaria do fondo de pensións dos traballadores do metro
    • Estación de Autobuses de Victoria, responsábel da estación término na que operan moitos servizos de autocar de medio e longo percorrido.

Servizos prestados baixo a coordinación e imaxe corporativa de TfL[editar | editar a fonte]

Rede de metro
TFL Rail roundel.svg
Overground roundel.svg
Underground.svg
Tramlink roundel.svg
Metro lixeiro
Sistemas de transporte a pé de rúa
Buses roundel.svg
Cycle Hire Logo.svg
Dial a Ride roundel.svg
Infraestrutura, equipamentos e outros servizos
Coaches roundel.svg
LondonStreets roundel.svg
LRS roundel.svg

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Company information". Transport for London. 2013. Consultado o 10 August 2013. 
  2. "Our role". Transport for London. Consultado o 29 January 2016. 
  3. "A new approach to rail passenger services in London and the south east" (PDF). Department for Transport and Transport for London. January 2016. Consultado o 29 January 2016. 
  4. "Legislative framework". Transport for London. Consultado o 6 September 2008. 
  5. metrowebukmetro (2008-06-01). "Revellers' farewell to Tube alcohol". Metro. Consultado o 2016-08-18. 
  6. "Johnson bans drink on transport". BBC. 2008-05-07. Consultado o 2016-08-18. 
  7. "#LondonIsOpen. London City Hall". www.london.gov.uk. Consultado o 2016-09-17. 
  8. Galicia por Diante (2016-09-16). Entrevista a partir do minuto 05:30 (Radio Galega). 
  9. Transport for London (2016-09-13). London is Open (YouTube). 
  10. "O galego, un dos case 20 idiomas empregados polo Concello de Londres na súa campaña para atraer investimentos e visitantes.". Praza Pública. Consultado o 2016-09-17. 
  11. "O galego, unha das 16 linguas do Metro de Londres". Galicia Confidencial. Consultado o 2016-09-17. 
  12. "O transporte público de Londres tamén fala galego". Sermos Galiza. Consultado o 2016-09-17. 
  13. Matters, Transport for London. "Board Members". Transport for London. Consultado o 2016-08-18. 
  14. "Subsidiary Organisation" (PDF). Transport for London. Consultado o 2016-08-18. 
  15. Matters, Transport for London. "Subsidiary companies". Transport for London. Consultado o 2016-08-18. 
  16. "Home - London Transport Museum". www.ltmuseum.co.uk. Consultado o 2016-08-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Erro de Lua: invalid capture index %2 in replacement string.