London Overground
O London Overground (tamén coñecido simplemente como o Overground) é unha rede de ferrocarril suburbano do Reino Unido. Foi creada en 2007, e serve no Gran Londres e parte de Hertfordshire, con 112 estacións espalladas por diversas rutas.[1] Forma parte da rede de National Rail, aínda que baixo o control e imaxe de marca de Transport for London (TfL). A franquía que o opera, London Overground Rail Operations (LOROL), é unha joint venture entre Arriva UK Trains e MTR Corporation .[2]
TfL tenlle asignado ao Overground a cor corporativa laranxa coa súa respectiva versión do "TfL roundel" para a representación das súas liñas no mapa do metro, en interiores dos trens e outras localizacións.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Lanzamento
[editar | editar a fonte]O 11 de novembro de 2007, TfL colleu o relevo da franquía para as rutas do Ferrocarril do Norte de Londres, anteriormente operado por Silverlink Metro[5].
A cerimonia de estrea oficial foi o 12 de novembro de 2007 na estación de Hampstead Heath polo Alcalde de Londres, Ken Livingstone, recibido polos medios de comunicación na praia de vías de Willesden Junction.
Servizos
[editar | editar a fonte]Rutas | Frecuencia (por hora) | Depósito(s) | Frota |
---|---|---|---|
Leste de Londres |
4 Highbury & Islington – West Croydon 4 Highbury & Islington – Crystal Palace 4 Dalston Junction – New Cross 4 Dalston Junction – Clapham Junction |
New Cross Gate |
Clase 378 Electrostar |
Norte e Oeste de Londres |
4 Richmond – Stratford 2 Clapham Junction – Stratford 2 Clapham Junction – Willesden Junction (Stratford en horas punta) |
Willesden TMD | |
Watford Local |
3 Londres Euston – Watford Junction | ||
Gospel Oak – Barking |
4 Gospel Oak – Barking | Clase 172 Turbostar | |
London Liverpool Street -Enfield Town /Cheshunt
|
4 (punta), 2 (val) London Liverpool St. – Enfield Town 2 London Liverpool St. – Cheshunt
|
Ilford TMD Chingford Apts. Gidea Par Apts. |
Clase 315, Clase 317 |
London Liverpool St. -Chingford
|
London Liverpool St. – Chingford | ||
Romford – Upminster | 2 Romford – Upminster |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Matters, Transport for London. "Introducing London Overground - a new era for London Rail". Transport for London. Consultado o 2016-08-22.
- ↑ "LOROL: London Overground Rail Operations Ltd (LOROL)". www.lorol.co.uk. Consultado o 2016-08-22.
- ↑ "Colour standard (Cores estándar)" (PDF). Transport for London. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xullo de 2016. Consultado o 2016-08-22.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de febreiro de 2009. Consultado o 22 de agosto de 2016.
- ↑ "Terms of transfer relating to transfer of the Silverlink Metro Network" (PDF). Department for Transport. (Gov.UK). Consultado o 2016-08-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: London Overground |