Contixe, Tourón, Ponte Caldelas
Aparencia
| Contixe | |
|---|---|
Capela de San Miguel | |
| Parroquia | Tourón |
| Concello | Ponte Caldelas |
| Coordenadas | 42°25′07″N 8°33′20″O / 42.4186167, -8.5555354 |
| Poboación | 56 hab. (2022) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Contixe é un lugar da parroquia de Tourón, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 56 habitantes (28 homes e 28 mulleres).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Atópase situado a 8 quilómetros de Pontevedra e a 6 de Ponte Caldelas. Limita na parte norte e leste co lugar de Mirón, ao sur con Vilarchán e ao oeste co Salgueiral, lugar da parroquia de Bora (Pontevedra).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Capela de San Miguel, de orixe románica.[2] Ten un espazo de terreo que facía antigamente de camposanto utilizado mesmo polos veciños de Caroi (Cerdedo-Cotobade).
Cultura
[editar | editar a fonte]A festa de Contixe celébrase na primeira fin de semana do mes de maio.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de San Miguel.
-
Detalle da fachada
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Tourón
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Tourón no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Buchabade | Contixe | Mirón | A Reigosa | Tourón | Vilarchán |
Parroquias de Ponte Caldelas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Capela de San Miguel de Contixe na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.