Taboadelo, Ponte Caldelas
Taboadelo | |
---|---|
![]() Igrexa de Santiago de Taboadelo. | |
Concello | Ponte Caldelas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°22′45″N 8°32′58″O / 42.37916667, -8.54944444Coordenadas: 42°22′45″N 8°32′58″O / 42.37916667, -8.54944444 |
Área | 4,74 km² |
Poboación | 204 hab. (2017) |
Densidade | 43,04 hab./km² |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Taboadelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE no 2017 tiña 204 habitantes (110 homes e 94 mulleres). Ten dúas entidades de poboación.
Historia[editar | editar a fonte]
No libro Manuel Murguía, de Vicente Risco, menciónase que en Taboadelo aínda se celebraba "A xunta dos homes". Trátase dunha asemblea rural con cargos vitalicios (repúblicos, todos os homes casados da parroquia) e electos cada ano (mordomo, elixido cada 1 de xaneiro)[Cómpre referencia].
Festas[editar | editar a fonte]
Desde o ano 2004 celébrase na parroquia a Festa do Muíño, á beira do río Verdugo. Desde a restauración do muíño de Abaixo, por parte da Asociación de Veciños O Carballo, a penúltima fin de semana de xuño prográmanse degustacións gastronómicas e actos lúdicos e musicais, con zona de acampada.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Taboadelo[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Taboadelo no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) | |
---|---|