Toril Moi
(2005) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de novembro de 1953 Farsund, Noruega (pt) |
| Educación | Universidade de Bergen |
| Actividade | |
| Ocupación | historiadora da literatura, profesora universitaria |
| Empregador | Universidade Duke Universidade de Bergen Biblioteca Nacional de Noruega |
| Membro de | |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
| Sitio web | torilmoi.com |
Toril Moi, nada en Farsund o 28 de novembro de 1953,[1] é unha profesora norueguesa de literatura e estudos romances, profesora de inglés, filosofía e teatro na Universidade Duke. Moi é tamén directora do centro de filosofía, arte e literatura de Duke.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Asistiu á Universidade de Bergen. Previamente, foi lectora de francés na Universidade de Oxford e foi directora do centro para a investigación feminista da Universidade de Bergen, en Noruega. Viviu en Oxford, dende 1979 até 1989. No presente vive en Carolina do Norte. Traballa na teoría feminista e nos escritos das mulleres "atopando maneiras de ler a literatura coa filosofía e a filosofía coa literatura sen reducir a unha á outra."
En 2002 foi galardoada co honoris causa pola Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía.[2] En 1998 gañou o premio de Mestre do Ano da Universidade Duke, e en 2008 gañou o Premio de Excelencia na titoría de estudantes de posgrao.
É membro da Academia Norueguesa de Ciencias e Letras.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Store norske leksikon (ed.). "Toril Moi" (en noruegués). Consultado o 4 de abril de 2017.
- ↑ Norwegian University of Science and Technology (ed.). "Honorary doctors at NTNU" (en inglés).
- ↑ Norwegian Academy of Science and Letters (ed.). "Gruppe 4: Litteraturvitenskap" (en noruegués). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 25 de novembro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)