Torgny Lindgren
- Para o numismático sueco do mesmo nome, véxase Torgny Lindgren (numismático)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1938 Norsjö, Suecia (pt) |
Morte | 16 de marzo de 2017 (78 anos) Rimforsa, Suecia (en) |
Causa da morte | cancro de estómago |
9º Seat 9 of the Swedish Academy (en) | |
20 de decembro de 1991 – 16 de marzo de 2017 ← Ture Johannisson – Jayne Svenungsson (pt) → | |
Actividade | |
Campo de traballo | Prosa |
Ocupación | escritor |
Período de actividade | 1965 - |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Ylva Pettersson |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Academia Sueca |
Torgny Lindgren, nado en Raggsjö (Västerbotten) o 16 de xuño de 1938 e finado o 16 de marzo de 2017, foi un recoñecido escritor sueco membro da Academia Sueca dende 1991.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cando novo, mudouse do norte a Småland, no sur de Suecia, onde exerceu como mestre. Militou nesa mesma época no Partido Socialdemócrata Sueco, e a atmosfera política reflectiuna en varias das súas obras. En 1980 converteuse ao catolicismo. En 1983 foi galardoado co Gran Premio Novelístico da Sociedade para a promoción da Literatura, e en 1984 acadou o Premio Aniara. En 1995 a súa obra Hummelhonung recibiu o Premio August, e foi adaptada á ópera en 2001 con música de Carl Unander-Scharin. Previamente fora elixido membro da Academia Sueca, o 28 de febreiro de 1991, sucedendo o lingüista Ture Johanisson como titular da cadeira número 9. Amais dos sinalados, recibira en 1987 o Premio Doblougska, en 1999 o Premio Gerard Bonnier e en 2000 o Premio de Literatura Selma Lagerlöf.
Obra
[editar | editar a fonte]- Plåtsax, hjärtats instrument (1965, poesía)
- Dikter från Vimmerby (1970, poesía)
- Hur skulle det vara om man vore Olof Palme? (1971, poesía)
- Skolbagateller medan jag försökte skriva till mina överordnade (1972, relatos)
- Övriga frågor (1973, novela)
- Hallen (1975, novela)
- Intervjun (1977, teatro)
- Legenden om Achille Paganinis besök i Vimmerby 1869 (1977, teatro)
- Brännvinsfursten (1979, novela)
- Skrämmer dig minuten (1981, novela)
- Markus (1981, novela)
- Slaktningen vid Sju ekars kulle (1982, teatro)
- Ormens väg på hälleberget (1982, novela crítica)
- Merabs skönhet (1983, relatos)
- Batseba (1984, novela)
- Fadershanden och Giga. Två skådespel (1986, teatro, coescrito con Eric Åkerlund)
- Legender (1986, relatos)
- Ljuset (1987, novela)
- Kärleksguden Frö (1988, novela, ilustrada por Peter Dahl)
- Den röda slöjan (1990, novela, coescrita con Eric Åkerlund baixo o pseudónimo Hans Lamborn)
- Till sanningens lov. Rammakaren Theodor Marklunds egen redogörelse (1991, novela)
- Ture Johannisson. Inträdestal i Svenska akademien (1991)
- Mel de abellón (Hummelhonung; 1995, novela. Versionada como ópera en 2001 por Carl Unander-Scharin)
- Bordsstudsaren (1998, teatro, coescrito con Ylva Pettersson)
- I Brokiga Blads vatten (1999, relatos)
- Pölsan (2002, novela)
- Döden ett bekymmer (2003, novela)
- Maten. Hunger och törst i Västerbotten (2003, libro de cociña, coescrito con Ella Nilsson)
- ABC (2003, poesía)
- Berättelserna, relatos (Merabs skönhet, Legender eI Brokiga Blads vatten)
- Dorés bibel (2005, novela)
- Norrlands akvavit (2007, novela)
- Nåden har ingen lag (compilación das novelas Hummelhonung, Pölsan eDorés bibel, 2008).
- Minnen (2010, novela autobiográfica)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Torgny Lingdren na Academia Sueca (en sueco)
- Ficha de Lindgren en Norstedts Arquivado 08 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., a súa editorial sueca.