Mel de abellón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mel de abellón
Título orixinalHummelhonung
Autor/aTorgny Lindgren
OrixeSuecia
LinguaSueco
Xénero(s)Novela
Editorial Norstedts
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub. 1995
Galicia 2013
FormatoTapa branda con lapelas.
20 x 13,5 cm
Páxinas132
ISBNGalicia 978-84-941211-6-6
TraduciónMarta Dahlgren
editar datos en Wikidata ]

Mel de abellón[1] é unha novela de Torgny Lindgren, publicada por vez primeira en 1995 co título orixinal en lingua sueca de Hummelhonung.

Trama[editar | editar a fonte]

Unha escritora, logo de dar unha charla nunha vila de Västerbotten, no norte de Suecia, remata vivindo nunha aldea illada cun home ancián que a vai recoller. O home, Hadar, ten un irmán chamado Olof que vive noutra casa a unha curta distancia, pero os irmáns evítanse como á peste e levan moitos anos sen teren contacto. Doentes os dous, a súa única esperanza é sobrevivir ó outro[2]. O único modo que ten Hadar para saber que Olof segue vivo é ver se sae fume da súa cheminea.

A chegada da escritora convértese en catalizador: os irmáns comezan a desvelarlle o seu pasado, e ao tempo ela sérvelles de canle de comunicación por primeira vez en décadas, aínda que sexa de forma indirecta.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

A novela foi adaptada a ópera en 2001 por Carl Unander-Scharin. Foi traducida ao galego por Marta Dahlgren,[3] publicada en 2013 pola Editorial Hugin e Munin.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mel de abellón. Traducido por Marta Dahlgren (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2014. ISBN 978-84-941211-6-6 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Gradvall, Jan; Nordström, Björn; Nordström, Ulf; Rabe, Annina (2009): Tusen svenska klassiker. Norstedts Förlagsgrupp. ISBN 978-91-1-301717-4 (en sueco).
  3. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 20. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]