Torgny Lindgren (numismático)
- Para o escritor e académico sueco do mesmo nome, véxase Torgny Lindgren
Torgny Lindgren (Axel Torgny Lindgren) | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 20 de outubro de 1905 |
Lugar | Örebro.![]() ![]() |
Falecemento | 27 de agosto de 1894. |
Soterrado | cemiterio vello de Uppsala |
Nacionalidade | Sueca. |
Actividade | |
Campo | Numismática e banca. |
Alma máter | ![]() |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Director da Sociedade Numismática Sueca. |
Premios | 1966: Medalla Illis quorum. 1981: Medalla Elias Brenner (SNF). |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Axel Torgny Lindgren, nado o 20 de outubro de 1905 en Örebro e finado o 27 de agosto de 1984, foi un funcionario do Banco de Suecia (Sveriges Riksbank) e un numismático sueco.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Torgny Lindgren naceu o 20 de outubro en Örebro, fillo dos agricultores Axel Lindgren e de Frida Wahlgren.[1]
Logo da súa graduación na universidade en 1924, Lindgren ingresou como funcionario do banco central sueco en 1929 no que ocupou o cargo de comisario entre 1955 e 1968.[1]
En 1975 acadou o seu doutoramento pola Universidade de Uppsala, cunha tese titulada Banko- och riksgäldsrevisionerna 1782-1807 ("Auditorías bancarias e da débeda 1782-1807").[2]
Paralelamente á súa vida profesional, Lindgren foi un estudoso da numismática. Foi membro da Sociedade Numismática Sueca, que chegou a presidir entre 1953 e 1961,[3] e a partir de 1965 foi nomeado membro honorario.[1]
Tamén ingresou como membro correspondente na Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades, en 1953.[1]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- (1966): Medalla Illis quorum (8ª clase), do Goberno de Suecia.[1]
- (1976): Medalla ao mérito da Sociedade Numismática Sueca.[4]
- (1981): Medalla Elias Brenner, da Sociedade Numismática Sueca.[5]
Publicacións[editar | editar a fonte]
Esta é unha escolma dalgúns dos traballos monográficos publicados por Lindgren ao longo da súa traxectoria:[6]
- (1953). Sveriges mynt 1719-1776 ["Moedas de Suecia 1719-1776"]. Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo.
- (1963). Til finska allmogens mera trygghet. En studie kring finska språket på rikets ständers banks sedlar ["Para maior seguridade dos cidadáns finlandeses. Estudo da lingua finesa nos billetes de banco do reino"]. Finlands banks Institut för ekonomisk forskning, Helsinqui.
- (1968). Riksbankens sedelhistoria 1668-1968 ["Historia dos billetes do Riksbank 1668-1968"]. Sveriges Riksbank / Rabén & Sjögren, Estocolmo.
- (1968). Några handlingar om Bellman i Riksbanken ["Algúns documentos sobre Bellman no Riksbank"]. Sveriges Riksbank, Estocolmo.
- (1975). Banko- och riksgäldsrevisionerna 1782-1897 ["Auditorías bancarias e da débeda 1782-1807"". Uppsala universitet, Uppsala. ISBN 9789155403249 [Tese de doutoramento]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Lindgren, A. Torgny". En Vem är det: Svensk biografisk handbok. P. A. Norstedt & Söners Förlag, Estocolmo. 1969. Páxinas 582-583.
- ↑ Véxase (1975) en "Publicacións".
- ↑ "SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen.
- ↑ "SNF:s förtjänstmedalj". Svenska Numismatiska Föreningen.
- ↑ "SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
- ↑ "Lindgren, Torgny 1905-1984". WorldCat Identities.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Lindgren, A. Torgny". En Vem är det: Svensk biografisk handbok. P. A. Norstedt & Söners Förlag, Estocolmo. 1969. Páxinas 582-583.