Toomas Hendrik Ilves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Toomas Hendrik Ilves
Nacemento26 de decembro de 1953
Lugar de nacementoEstocolmo
NacionalidadeEstonia
RelixiónAgnosticismo
Alma máterColumbia College, Universidade de Columbia, Universidade de Pensilvania e Leonia High School
Ocupaciónpolítico, xornalista, diplomático, psicólogo e participante do fórum internacional
PaiEndel Ilves
CónxuxeIeva Ilves, Evelin Ilves e Merry Bullock
FillosLuukas Ilves
IrmánsAndres Ilves
PremiosGrand Cross with Collar of the Order of the White Rose of Finland, Knight Grand Cross of the Order of the Falcon, Cross of Recognition, Order of the Three Stars, 1st Class, Knight Grand Cross in the Order of the Netherlands Lion, Collar of the Order of the Cross of Terra Mariana, gran cruz e colar da orde de Vytautas O Grande, Collar of the Order of the Star of Romania, grande oficial da Lexión de Honor, Grand Cross of the Order of Merit of Hungary, Grand Cordon of the Supreme Order of the Chrysanthemum, Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, St. George's Order of Victory, Order of the Golden Fleece, Ordem do Serafim, National Maltese Order of Merit, Orde da Aguia Branca, honorary doctorate from the Catholic University of Lublin, Ordem do Crisântemo, Grand Cross of the Order of the Bath, Colar da Ordem de Isabel a Católica, Grand Cross of the Order of the White Double Cross‎, Order of the National Coat of Arms, Ordem da Cruz da Terra Mariana, Ordem das Três Estrelas, Ordem de Vytautas o Grande, Ordem do Banho, Orde da Rosa Branca de Finlandia, Orde de Isabel a Católica, Ordem de Leopoldo, Ordem do Mérito da República da Hungria, Order of Honour, Ordem do Falcão, Ordem do Leão Neerlandês, Order of Merit, Ordem de Santo Olavo, Ordem do Mérito da República Federal da Alemanha, Order of the White Double Cross, Dostyk Order of grade I e Orde da Estrela de Romanía
Na rede
http://www.thilves.ee/ e https://www.presidentilves.ee/
Twitter: ilvestoomas Musicbrainz: d1b8f927-b405-48d3-8dcd-468969604b6e Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Toomas Hendrik Ilves

Toomas Hendrik Ilves , nado en Estocolmo o 26 de decembro de 1953, é un político estoniano, que foi presidente de Estonia de 2006 a 2016.

É diplomático e xornalista e foi tamén membro do Parlamento Europeo.

Os seus pais eran refuxiados estonianos e Toomas criouse nos Estados Unidos.

Durante os anos 80, Ilves traballou como xornalista e implicouse activamente en política, antes da independencia de Estonia (que foi en 1991). Ilves serviu posteriormente como embaixador de Estonia nos Estados Unidos, Canadá e México por varios anos.

En decembro de 1996, Ilves foi Ministro de Asuntos Exteriores de Estonia, exercendo devandito cargo ata a súa dimisión en setembro de 1998, cando se fixo membro dun partido pequeno da oposición (Partido da Xente). Ilves pronto foi elixido presidente do Partido da Xente.

Logo das eleccións parlamentarias de marzo de 1999 foi novamente Ministro de Asuntos Exteriores ata 2002.

Nas eleccións municipais de outubro de 2002, o Partido da Xente foi derrotado e Toomas Hendrik Ilves dimitiu como presidente do partido. Nestas eleccións, o partido recibiu soamente 4,4% dos votos totais en toda a nación.

Desde 2003, Ilves é membro do Parlamento Europeo e desde o 1 de maio de 2004, é membro de pleno dereito.

O 23 de marzo de 2006 foi nomeado polo Partido da Reforma, a favorable unión do Partido Patria e o seu partido, o Partido Socialdemócrata, como candidato á elección presidencial 2006.

O 13 de setembro de 2006, un amplo espectro de 80 intelectuais ben coñecidos publicou unha declaración en apoio á candidatura de Ilves. Entre os que asinaron estaban Neeme Järvi, Jaan Kross, Arvo Pärt e Jaan Kaplinski. Ilves prometeu concentrarse máis na política estranxeira.

Predecesor:
Arnold Rüütel
Presidente de Estonia
2006 - 2016
Sucesor:
Kersti Kaljulaid

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Biografía en castelán por Fundación CIDOB Arquivado 08 de maio de 2008 en Wayback Machine.