Marcel Pagnol
Marcel Pagnol | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Marcel Paul Pagnol |
Nacemento | 28 de febreiro de 1895 |
Lugar de nacemento | Aubagne |
Falecemento | 18 de abril de 1974 |
Lugar de falecemento | 16º distrito de París |
Causa | cancro |
Soterrado | Cemiterio de La Treille |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Lycée Thiers e Aix-Marseille University (1896-1971) |
Ocupación | dramaturgo, guionista, director de cinema, produtor de cinema, escritor e realizador |
Pai | Joseph Pagnol |
Cónxuxe | Jacqueline Pagnol, Josette Day, Orane Demazis e Simonne Collin |
Fillos | Jean-Pierre Burgart, Jacques Pagnol, Francine Pagnol, Frédéric Pagnol e Estelle Pagnol |
Irmáns | Paul Pagnol, Germaine Pagnol e René Pagnol |
Coñecido por | Topaze, Marseille Trilogy, La femme du boulanger, Manon des sources e Souvenirs d'enfance |
Premios | Commander of the French Order of Academic Palms, grande oficial da Lexión de Honor, Comendador das Artes e as Letras e Great Gold medal of the Société d'Encouragement au Progrès |
Na rede | |
http://www.marcel-pagnol.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Marcel Pagnol, nado en Aubagne o 28 de febreiro de 1895 e finado en París o 18 de abril de 1974, foi un comediógrafo francés. Marcel Pagnol foi académico de Francia desde 1946.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Deuse a coñecer en 1925 coa comedia antimilitarista Les marchands de la gloire. Tres anos máis tarde obtivo un grande éxito con Topaz, unha comedia sobre os politiqueos contemporáneos chea de ironía. Seguiulle a triloxía marsellesa Marius (1929), Fanny e César (as dúas de 1931). As comedias de Marcel Pagnol son de tipo naturalista e popular, suavizado mediante a caricatura benévola e toques sentimentais.
A partir de 1931 dedicouse fundamentalmente ao cinema, adaptando textos para numerosas películas. Adaptou tamén libros autobiográficos: La gloire de mon père (1958), Le château de ma mère (1958) e Le temps des amours (póstumo, 1977).