Titus Brandsma
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Titus Brandsma | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Anno Sjoerd Brandsma |
Nacemento | 23 de febreiro de 1881 |
Bolsward | |
Falecemento | 26 de xullo de 1942 |
Campo de concentración de Dachau | |
Causa | Fusilamento |
Nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Pontificia Universidade Gregoriana |
Ocupación | teólogo, lingüista, esperantista, filósofo, profesor universitario, sacerdote católico, xornalista, membro da resistencia, tradutor e Carmelite friar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Titus Brandsma, nado o 23 de febreiro de 1881 como Anno Sjoerd Brandsma en Oegeklooster, Frisia (Países Baixos),[1] e finado no Campo de concentración de Dachau (Alemaña) o 26 de xullo de 1942, foi un sacerdote católico que loitou contra o nazismo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Recibiu a ordenación sacerdotal en 1905 e ingresou na Orde de Santa María do Monte Carmelo o 17 de setembro de 1898. Licenciado en Filosofía na Universidade Gregoriana de Roma, foi profesor de filosofía e historia na Universidade católica de Nijmegen, da que foi reitor e xornalista.
Trala ocupación de Holanda polas tropas alemás durante a Segunda Guerra Mundial, denunciou publicamente ao nacionalsocialismo como unha ideoloxía pagá, pronunciouse a prol da liberdade de prensa e condenou a persecución dos xudeus. Axudou a moitos xudeus a fuxir do país. O bispado holandés encargoulle eliminar a propaganda nazi da prensa católica.
O 19 de xaneiro de 1942 foi detido pola Gestapo e levado ao campo de concentración de Dachau onde foi cruelmente torturado e finalmente asasinado o 26 de xullo do mesmo ano mediante unha inxección letal. Estaba interesado na lingua internacional esperanto. Hoxe é recoñecido como o patrón dos Esperantistas católicos, xunto con Maximiliano Kolbe.[2]Foi beatificado por Xoán Paulo II o 3 de novembro de 1985.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rees, 1971, p. 11.
- ↑ "The Catholic Esperantists".
- ↑ vatican.va (ed.). "Beati e Santi del Pontificato di Giovanni Paolo II" (en italiano). Consultado o 28/01/14.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Joseph Rees (1971). Sidgwick and Jackson, ed. Titus Brandsma: a modern martyr.
- P J Clarke (2012). Strategic Book Publishing, ed. Lives That Made a Difference. pp. 246–249. ISBN 9781622120147.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Titus Brandsma ![]() |