Orde de Santa María do Monte Carmelo
| Orde de Santa María do Monte Carmelo | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Epónimo
| |
|
Parte de
| |
|
Tema principal
| |
|
Lema
| |
|
Texto lema
| |
|
Composto por
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Cargo dirixente
| |
|
Fundador/a
| |
|
Ten en propiendade
| |
|
Entidades subsidiarias
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
|
Descrito pola fonte
| |
| Wikidata C:Commons |
A Orde dos Irmáns da Benaventurada Virxe María do Monte Carmelo (en latín: Ordo Fratrum Beatissimae Mariae Virginis de Monte Carmelo), máis coñecida como Orde Carmelita,[1] é unha orde mendicante católica, que ten a súa orixe nas comunidades eremíticas que existían no século XII no Monte Carmelo, en Palestina. En 2020, a rama masculina da orde sumaba 2077 frades, dos que 1310 eran tamén sacerdotes.[2] Os membros desta orde engaden as siglas O.carm ao final do seu nome.
Orixe
[editar | editar a fonte]O Primeiro Libro dos Reis, un libro histórico da Biblia, relata como o profeta Elías reuniu unha comunidade de homes no Monte Carmelo, que en arameo significa "xardín", e dende alí traballou na defensa da pureza da fe no Deus de Israel, vencendo ao desafío dos sacerdotes de Baal.
Inspirándose en Elías, estabelecéronse moi pronto alí comunidades monásticas cristiás, e cando os cruzados chegaron en 1099, atoparon xa relixiosos estabelecidos, de rito maronita e que seguían a regra de San Basilio. Arredor de 1154 retirouse alí o nobre franco San Bertoldo, chegado a Palestina xunto ao seu curmán Aimery de Limoges, patriarca latino de Antioquía, e reuniu aos eremitas para levar unha vida cenobítica. Os relixiosos edificaron unha pequena igrexa en medio das súas celas e a dedicaron á Virxe María, tomando o nome de "Irmáns de Santa María do Monte Carmelo".
Bertoldo converteuse no primeiro prior da orde. Cando rematou a terceira cruzada, algúns cruzados e peregrinos uníronse a el, para levar unha vida eremítica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carmelita.
- ↑ "Order of Our Lady of Mt. Carmel (Institute of Consecrated Life - Men) [Catholic-Hierarchy]". www.catholic-hierarchy.org. Consultado o 2022-09-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Orde de Santa María do Monte Carmelo |
Ligazóns externas:
[editar | editar a fonte]Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |