Tito Pérez Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1983 (40/41 anos) A Coruña, España |
Formación profesional | Enxeñería Técnica Industrial en Electricidade |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Poesía e narrativa |
Tito Pérez Pérez, nado na Coruña en 1983, é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De orixes lucenses, do lugar de San Martiño do Picato no concello de Guntín, Tito Pérez naceu na Coruña.[1] Durante a súa infancia e mocidade residiu no barrio de Monte Alto e estudou no colexio Salesianos da Coruña. Titulouse en Enxeñaría Técnica Industrial en Electricidade pola Escola Universitaria Politécnica de Ferrol.[2]
Malia o seu perfil profesional, dende a adolescencia medrou fascinado polas grandes novelas de finais do século XIX e principios do XX, en particular por obras de autores rusos como Maxim Gorki, Fiódor Dostoievski, Lev Tolstoi, Boris Pasternak ou Mikhail Sholokhov. Do mesmo xeito viuse influído polo cine clásico, principalmente polo neorrealismo italiano.
Participou en varios números da Revista Atenea do Ateneo Ferrolán.[2]
Ao rematar a carreira traballou de enxeñeiro ata que as circunstancias da crise económica do 2008 o obrigaron a emigrar a Londres onde traballou como camareiro e mozo de carga. De volta a Galiza compaxinou o seu labor como escritor co traballo de teleoperador e enxeñeiro freelance.
Practicou atletismo afeccionado nos clubs Ría de Ferrol e Marineda e fútbol no Orzán S.D.
Obras
[editar | editar a fonte]Relatos
[editar | editar a fonte]- Vinte fragmentos de mocidade voraz (2016). Editorial Toxosoutos. 95 páxs. ISBN 978-84-945483-2-1.
- O latexar do barrio (2019). Edicións do Peirao. 190 páxs. ISBN 978-8417393830.[3] 18 relatos e un barrio, Monte Alto da Coruña.[4]
Novela
[editar | editar a fonte]- O grupo (2021). Medulia Ed. 138 páxs. ISBN 978-84-124173-4-0.[5]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Versus cianuro, poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón.[6] Poesía.
Premios
[editar | editar a fonte]- IX Certame de Narrativa Rosa Reboredo[7]
- X Premio de Relatos Liceo de Noia[8]
- XXIII Certame Literario de Piñor
- 2º Premio no 28º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía[9]
- 2º Premio no III, V e VI Certame Literario Terras de Chamoso[1]
- 3º Premio en Relato no Certame Xuventude Crea 2010[1]
- 2º Premio en Poesía no Certame Xuventude Crea 2013[1]
- 3º Premio no II Certame de Poesía Manuel María de Poesía[1]
- Segundo premio no XI Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro en 2022 por Na fendedura interna do lóstrego.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Tito Pérez". www.aelg.gal. Consultado o 2021-11-15.
- ↑ 2,0 2,1 "“É un libro sobre as eivas que pode ter a mocidade”". El Ideal Gallego. Consultado o 2021-11-15.
- ↑ Xmeyre, ~ (2019-05-07). "crítica de O LATEXAR DO BARRIO (Tito Pérez, Do Peirao)". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-15.
- ↑ "Tito Pérez: “No libro dáse un contraste entre os maiores e os novos que xa son urbanitas”". El Ideal Gallego. Consultado o 2021-11-15.
- ↑ Xmeyre, ~ (2021-11-05). "crítica de O GRUPO, de Tito Pérez, en Medulia". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-15.
- ↑ "Contra o cianuro, poesía". Nós Diario. Consultado o 2021-11-15.
- ↑ Fallo do XXVI Certame de poesía Rosalía de Castro
- ↑ Coñécense os gañadores do X Premio de Relatos Curtos da Sociedade Liceo de Noia
- ↑ Daniel Barral recibe o primeiro premio do certame Manuel Murguía de narrativa