Timmy Mayer
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Timothy Andrew Mayer 22 de febreiro de 1938 Dalton |
| Morte | 28 de febreiro de 1964 Longford |
| Actividade | |
| Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro, piloto de motociclismo, piloto de automobilismo |
| Deporte | automobilismo motociclismo |
| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Timothy Andrew Mayer, nado en Scranton (Pensilvania) o 22 de febreiro de 1938 e finado en Longford (Australia) o 28 de febreiro de 1964 foi un piloto de carreiras estadounidense. Participou nun Gran Premio de Fórmula Un, o 7 de outubro de 1962. Retirouse a causa dun fallo de ignición e non obtivo puntos de campionato.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu irmán máis vello, Teddy Mayer, foi un dos fundadores do equipo McLaren, con Bruce McLaren. Ambos irmáns viaxaron desde os Estados Unidos a Europa a comezos de 1960 co futuro gañador de dous grandes premios Peter Revson. As primeiras participacións nos campionatos de serie de McLaren foron nas Tasman Series de 1964, pilotando Timmy Mayer e o líder do equipo McLaren coches personalizados Cooper T70. Con todo, Mayer morreu na práctica da carreira final da serie, en Longford, Tasmania, cando perdeu o control a máis de 160 km/h fixo un trompo e golpeou contra unha árbore ao lado da pista. O seu coche desintegrouse, e faltou pouco para que os restos mataran a uns nenos pequenos que eran espectadores. Mayer morreu ao instante polo impacto. Houbo unha lápida na súa memoria situada a un costado da estrada onde morreu Mayer, pero trasladouse e agora vese, xunto co seu casco, no Country Club Hotel de Longford.
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Campionato Nacional de SCCA
[editar | editar a fonte]| Ano | Pista | Coche | Motor | Clase | Final | Saída | Status |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1962 | Cooper | Fórmula Júnior | 1 |
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1962 | Cooper Car Company | Cooper T53 | Climax 4 en liña | NED | MON | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | USA Ret |
RSA | NC | 0 |
Fonte:[1] | ||||||||||||||
Resultados completos nas Tasman Series
[editar | editar a fonte]| Ano | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Ranq. | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1964 | Cooper T70 | LEV 2 |
PUK 3 |
WIG 8 |
TER 2 |
SAN 4 |
WAR 3 |
LAK Ret |
LON DNS |
4º | 23 |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 251. ISBN 0851127029.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Timmy Mayer |
