Live at the Grand Olympic Auditorium é un disco póstumo da banda Rage Against the Machine (lanzado á venda despois de que Zack de la Rocha deixase a banda); gravado (en CD e DVD) no Grand Olympic Auditorium dos Ánxeles (California).
A súa publicación tivo lugar a finais do 2003 e tivo unha tímida acollida por parte do público. Este é o único disco en directo da banda e nel podemos ver a actitude do grupo nas súas actuacións en vivo.
Asemade tiraron un DVD con gravacións destes concertos.