Saltar ao contido

Bullet in the Head

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bullet in the Head
Rage Against the Machine Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
29 de decembro de 1992 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0ct4zg Editar o valor en Wikidata
Discogs: 92019 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

"Bullet in the Head" é unha canción da banda estadounidense de rock Rage Against the Machine editada como sinxelo do seu álbum de estrea Rage Against the Machine en 1992. O tema foi transferido sen modificacións da demo da banda, tamén titulada Rage Against the Machine.[1]

Tanto a imaxes da portada como a traseira do sinxelo son obra do fotógrafo francés Marc Riboud.[2]

Video musical

[editar | editar a fonte]

Rodouse un videoclip para a canción nun almacén en Nova York. Trátase dunha actuación en directo gravada para o programa The Late Show da BBC que se emitiu o 23 de febreiro de 1993. En palabras de Tom Morello, "o autobús de xira parou diante do estudo da BBC, repasamos a canción unha vez diante das cámaras, e despois marchamos a tocar nun club esa noite". A BBC supostamente viuse obrigada a censurar o video musical despois dun incidente no programa UK Top 40 Countdown da BBC Radio 1 anteriormente esa semana, cando Bruno Brookes pinchou accidentalmente a versión completa sen censurar de "Killing in the Name" provocando 138 queixas. O video apareceu no DVD da banda Rage Against the Machine, publicado o 25 de novembro de 1997 por Epic Records.[3]

Lista de cancións

[editar | editar a fonte]
N.º Título Duración
1. "Bullet in the Head" (versión do álbum) 5:11
2. "Bullet in the Head" (remix) 5:39
3. "Bullet in the Head" (ao vivo) 5:46
4. "Settle for Nothing" (ao vivo) 4:58
21:34
  1. ↑ Robbins, Ira A.; Sprague, David, eds. (1997). The Trouser Press guide to '90s rock: the all-new fifth edition of The Trouser Press record guide. New York: Simon & Schuster. p. 591. ISBN 978-0-684-81437-7.
  2. ↑ "Marc Riboud". All About Photo (en inglés). Consultado o 2025-01-14.
  3. ↑ "Rage Against the Machine - Video". www.musicfanclubs.org. Consultado o 2025-01-14.