Tijuana No!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tijuana No!
Na rede
Spotify: 2mkMNs2mphrkggZ7me38j1 iTunes: 302956 Musicbrainz: 4bbdec5c-bc95-474a-be95-76377d9bf42b Songkick: 550634 Discogs: 1598091 Deezer: 449007 Editar o valor em Wikidata

Tijuana No! é un grupo musical mexicano que fusiona rock, punk, reggae e ska, orixinario da cidade de Tijuana.[1][2] Nas súas letras mantivo temáticas como a crítica social, a inmigración ou a pobreza. Co seu labor musical apoiaron movementos como o Exército Zapatista de Liberación Nacional e as protestas contra a Lei Arizona, que criminalizaba as persoas inmigrantes sen documentos nese estado.[3] O tema «Soweto», escrito nos inicios do grupo, trata a cuestión do Apartheid en Suráfrica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tijuana No! formouse a finais dos anos 80 co nome de Radio Chantaje e logo cambiaron o seu nome a No. Daquela, na Cidade de México xa había un grupo de relevancia local con ese nome, polo que logo de actuaren nesa cidade en 1990 decidiron chamarse Tijuana No!. A súa popularidade creceu cun disco gravado na discográfica Rock and Roll Circus en 1991, material regrabado polo selo alternativo Culebra Marcas en 1992.[3] Con iso, o seu sinxelo «Pobre de ti» alcanzou fama no mercado hispanofalante e converteuse nun dos clásicos do rock de México.[4]

En 2017 publicouse o documental Tijuana No. Borders and Transgressions, dirixido por Pável Valenzuela Arámburo, sobre a historia do grupo.[5]

Integrantes[editar | editar a fonte]

Exintegrantes[editar | editar a fonte]

  • Julieta Venegas - Teclados e voz
  • Mayumi Toyoda - Voz
  • Cecilia Bastida - Teclados e voz
  • Luís Güereña † - Voz e timbais
  • Messier A. Perseo Martin .D - Teclados (e mascotas)
  • John Plantel - Trombón
  • John Murray - Frauta transversal
  • Dardin Coria - Teclados
  • Fabian Romero - Teclados
  • Rodrigo «Lengua alerta»

Discografía[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Colaboracións[editar | editar a fonte]

  • Citizenship - 2020 Tambora Zen con Ceci Bastida e Tijuana No!
  • Kid Frost
  • Kim Deal - [The Breeders]
  • HR - [Bad Brains]
  • Fermin Muguruza - [Negu Gorriak]
  • Manu Chao - [Mano Negra]
  • Roco - [Maldita Vecindad y los Hijos del Quinto Patio]
  • Sax - [Maldita Vecindad y los Hijos del Quinto Patio]
  • Fidel Nadal - [Todos tus Muertos]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tello, Aurelio (2010). La música en México: panorama del siglo XX (en castelán) (1ª ed.). Cidade de México: Fondo de Cultura Económica - Consejo Nacional para la Cultura y las Artes. ISBN 9786074553321. OCLC 643126940. 
  2. González, Gloria; Valenzuela, José Manuel (2001). "Oye cómo va: recuento del rock tijuanense" (PDF). Región y Sociedad (en castelán) 13 (21). ISSN 0188-7408. 
  3. 3,0 3,1 Molina Ramírez, Tania (5 de decembro de 2010). "Después de ocho años, el grupo Tijuana No! regresa al escenario". La Jornada (en castelán). p. 9. Consultado o 14 de marzo de 2023. 
  4. Cortés, David (2012). 100 Discos Esenciales Del Rock Mexicano Antes De Que Nos Olviden. Rock del siglo XX (en castelán). Grupo Editorial Tomo. ISBN 9786074154139. 
  5. Rodríguez, Ana Mónica (11 de novembro de 2018). "Tijuana No!, obrera de la música, lleva casi 30 años de hacer tocadas". La Jornada (en castelán). p. 5. Consultado o 14 de marzo de 2023.