Saltar ao contido

Julio Wonenburger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulio Wonenburger
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1882 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de setembro de 1951 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosMaría Wonenburger Editar o valor en Wikidata
IrmánsJuan Wonenburger Varela Editar o valor en Wikidata

Julio Wonenburger Canosa, nado na Coruña o 6 de xaneiro de 1882 e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 1951, foi un industrial e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Wonenburger Cabezudo, dono dunha empresa que fabricaba instrumentos de ferro, reparaba máquinas de vapor, bombas e todo o relacionado coa mecánica. Quedou orfo con 16 anos, fíxose cargo dos seus sete irmáns e continuou co negocio paterno de fundición. Foi presidente da Patronal metalúrxica da Coruña. Republicano, foi elixido concelleiro da Coruña en 1922. Afiliado á ORGA, participou no pacto de Lestrobe. Coa chegada da Segunda República foi nomeado deputado provincial en maio de 1931. En 1933 dirixiu o xornal Tierra Gallega.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, a fundición Wonenburguer foi militarizada para producir obuses e pezas para aviación e maquinaria pesada. Tanto Julio como o seu irmán Juan conseguiron fuxir de expropiacións e sancións graza ás súas relacións, a satisfacer onerosos pagos e á rápida colaboración co réxime. Julio reinstalou unha fábrica de calzado que traballou para o exército golpista como provedor de calzado e correaxes, e despois pasou a ocupar un lugar destacado na provisión de alimentos e uniformes para fronte.

Na posguerra foi colaborador habitual do réxime, organizou e sufragou o arco monumental co que se recibiu ao caudillo na súa primeira visita á Coruña ao rematar a guerra. Foi xulgado polo Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo na causa 6/41 e sancionado con inhabilitación absoluta perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas, do que resultou absolto en 1945. Finou na Coruña o 1 de setembro de 1951.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1926 con Amparo Planells Rubio e foi pai da matemática María Wonenburger Planells.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-9-1951, p. 7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Vázquez Souza, Ernesto (2006). Noticia mínima e contexto da "Asociación Regional de Padres de Familia para la defensa del Laicismo en la Enseñanza", A Coruña (1931-1936). A Coruña: Laiovento. pp. 70–71. ISBN 84-8487-103-7. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]