Adolfo Lahorra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adolfo Lahorra
 Cartaxena
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Adolfo Lahorra Tello, nado ca. 1869 en Cartaxena,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi redactor de La Unión Republicana de Pontevedra até outubro de 1893 e colaborou en Extracto de Literatura. Trasladouse a Vigo a finais de abril de 1894 para dirixir La República[2], despois dirixiu Canta Claro e Galicia Agrícola, Comercial e Industrial; tamén foi redactor de Faro de Vigo. En novembro de 1900 integrouse como redactor en La Unión Nacional[3]. En 1902 fíxose cargo da dirección de La Mañana da Coruña[4]. Despois dirixiu Diario Ferrolano, El Eco de Galicia, Tierra Gallega (de 1910 a 1914) da Coruña e El Faro de Ferrol (de 1914 a 1915). É autor da revista Entre moros y cristianos e do apropósito ¡Todo el año es Carnaval!.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sentencia" Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago: Año LIV Número 2128 - 10 Abril 1915.
  2. El Anunciador, 29-4-1894, p. 2.
  3. Diario de Pontevedra, 3-11-1900, p. 3.
  4. Diario de Pontevedra, 6-3-1902, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]