Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Schindler.
Schindler's Ark
Título
Schindler's Ark (en) La lista di Schindler (it) רשימת שינדלר (he) シンドラーズ・リスト 1200人のユダヤ人を救ったドイツ人 (ja) Список Шиндлера (uk) Шиндлеров ковчег (sr) Danh sách của Schindler (vi) La Liste de Schindler (fr) El arca de Schindler (es) Schindlers Liste (de) کشتی شیندلر (fa) فلك شندلر (ar) Schindlers liste (da) 辛德勒方舟 (zh)
Schindler's Ark é unha novela de ficción histórica publicada en 1982 polo novelista australiano Thomas Keneally. A edición dos Estados Unidos do libro foi titulada Schindler's List; posteriormente tamén foi reeditado en países da Commonwealth con ese título. A novela gañou o Premio Booker[1] e foi galardoada co Premio Los Angeles Times en 1983.[2]
O libro conta a historia de Oskar Schindler, un membro do Partido Nazi que se converte nun heroe improbable ao salvar a vida de 1.200 xudeus durante o Holocausto. O libro fala de persoas e acontecementos reais, mais con diálogos de ficción e escenas engadidas polo autor onde se descoñecen os detalles exactos.[3] Keneally escribiu unha serie de novelas ben recibidas antes e despois de Schindler's Ark; porén, a raíz da súa exitosa adaptación cinematográfica de 1993 dirixida polo director Steven Spielberg, converteuse dende entón no seu traballo máis coñecido e celebrado.[4]