Saltar ao contido

The Mummy (filme de 1999)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Mummy
Jerry Goldsmith Editar o valor en Wikidata
 Título
The Mummy Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Cor
 Formato de imaxe
Autoría
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Temática
 Ambientado en
 Baseado en
 Época ambientación
 Narrador/a
Publicación
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Compañía produtora
 Selo discográfico
 Recadación
415.933.406 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
80.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
 Parte da serie
 Puntuación da crítica
48/100 Metacritic (10 de novembro de 2024)
62% Rotten Tomatoes (2 de agosto de 2024)
5.9/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Datas
 Data de publicación
4 de maio de 1999 (Estados Unidos de América)
7 de maio de 1999 (Canadá, Estados Unidos de América)
3 de xuño de 1999 (Alemaña)
1999 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Dimensión
Duración120 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Identificadores
VIAF175122380 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0001-879E-0000-G-0000-0000-Q Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01ln5z Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: tt0120616 Filmaffinity: 461672 Allocine: 20153 Rottentomatoes: m/the_mummy Mojo: mummy Allmovie: v179644 TCM: 331362 Metacritic: movie/the-mummy TV.com: movies/the-mummy-1999 Netlix: 20559714 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Mummy é un filme estadounidense de aventuras, fantasía e terror[1][2] escrito e dirixido por Stephen Sommers que se estreou en 1999. Está protagonizado por Brendan Fraser, Rachel Weisz, John Hannah e Kevin J. O'Connor, con Arnold Vosloo como a momia.[3] É un remake do filme de 1932 The Mummy, que estivo protagonizado por Boris Karloff.

A rodaxe fíxose en Marrakech, Marrocos, comezou o 4 de maio de 1998, e durou dezasete semanas; o equipo tivo que soportar a deshidratación, tormentas de area e serpes mentres filmaba no Sáhara. Os efectos visuais son obra de Industrial Light & Magic, que mesturou o filme con imaxes xeradas por ordenador para crear a Momia. Jerry Goldsmith compuxo a banda sonora.

The Mummy estreouse o 7 de maio de 1999, e recadou $43 millóns en 3 210 cines durante a súa primeira semana de emisión nos Estados Unidos; todo un éxito non agardado,[4] e obtivo unha recadación de $416 millóns en todo o mundo. O seu éxito motivou a secuela de 2001 The Mummy Returns, así como The Mummy: The Animated Series, e unha precuela spin-off, The Scorpion King. Sete anos despois, o terceiro título da serie, The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor, estreouse o 1 de agosto de 2008.

O filme comeza cos derradeiros días de Imhotep, sumo sacerdote do faraón Seti I, que se namora da concubina deste, Anck-Su-Namun. Imhotep e a prometida do faraón asasinan a Seti I. Deste xeito, Imhotep foxe, pero Anck-Su-Namun é capturada e asasinada pola garda persoal de Seti I. Cando Imhotep a intenta resucitar na cidade dos mortos (Hamunaptra) é detido polos soldados. O sacerdote é finalmente momificado vivo e sobre el repousa a maldición máis temida por tódolos exipcios, o Hom Dai.

De volta ó ano 1923, Evelyn e o seu irmán Jonathan descobren un mapa e unha especie de caixa que indica o xeito de chegar a Hamunaptra. Non obstante, cando o mapa sofre un pequeno accidente, ámbolos dous deciden preguntar sobre isto a un ex soldado e antigo propietario da caixa que está na cadea, Rick O'Connell. Evelyn decide salvalo da morte despois de que este lle prometera levala a Hamunaptra.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Outros personaxes son Oded Fehr como Ardeth Bay e Patricia Velásquez como Anck-Su-Namun. Stephen Dunham, Corey Johnson, Tuc Watkins, e Jonathan Hyde interpretan ós membros da expedición americana. Bernard Fox interpreta ao piloto Winston.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

Banda sonora

[editar | editar a fonte]

The Mummy: Original Motion Picture Soundtrack foi composta e dirixida por Jerry Goldsmith, coa orquestración de Alexander Courage.

  1. Imhotep (4:20)
  2. The Sarcophagus (2:17)
  3. Tauger Attack (2:23)
  4. Giza Port (2:01)
  5. Night Boarders (4:08)
  6. The Caravan (2:52)
  7. Camel Race (3:26)
  8. The Crypt (2:26)
  9. Mumia Attack (2:19)
  10. Discoveries (3:41)
  11. My Favorite Plague (3:59)
  12. Crowd Control (3:12)
  13. Rebirth (8:33)
  14. The Mummy (6:19)
  15. The Sand Volcano (5:41)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]