Saltar ao contido

Arnold Vosloo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArnold Vosloo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Pretoria, Suráfrica Editar o valor en Wikidata
EducaciónTshwane University of Technology (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema, actor de teatro, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor en Wikidata -
Familia
PaisJohannes Daniel Vosloo Editar o valor en Wikidata  e Johanna Petronella Vorster Vosloo Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0903677 Allocine: 29253 Rottentomatoes: celebrity/arnold_vosloo Allmovie: p73817 TV.com: people/arnold-vosloo IBDB: 72533 BNE: XX1166036 Editar o valor en Wikidata

Arnold Vosloo, nado o 16 de xuño de 1962 en Pretoria (Suráfrica), é un actor de cine e televisión nacionalizado estadounidense. Vosloo acadou a fama pola súa actuación no filme The Mummy (1999) e The Mummy Returns (2001), onde interpreta o personaxe do título; tamén interpretou o coronel surafricano Coetzee no filme Diamante de sangue.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de estudar interpretación na Performing Arts Council de Transvaal, Vosloo comezou a súa carreira no teatro, gañando varios premios Dalro polas súas interpretacións en obras como Don Juan, Hamlet e Môre is 'n Lang Dag. Ó pouco tempo converteuse nun actor regular do State Theatre de Pretoria.

En 1984, pasouse ó cine onde seguiu logrando distincións pola súa actuación en filmes como Boetie gaan Border toe. Vosloo tamén participou en Morenga (1985), Skeleton Coast (1987) e The Rutanga Tapes (1990).

O seu debut nun filme estadounidense ocorreu en 1492: Conquest of Paradise (1992). Despois apareceu nas dúas secuelas de Darkman (Darkman II: The Return of Durant de 1994 e Darkman III: Die Darkman Die de 1996), tomando o lugar de Liam Neeson como o personaxe do filme.

En 1999 Vosloo apareceu en The Mummy (protagonizada por Brendan Fraser) e máis tarde na súa secuela de 2001, The Mummy Returns; en ambos filmes interpretou a Imhotep, un sacerdote do Antigo Exipto.

Apareceu como o coronel mercenario Coetzee no filme Diamante de sangue (2006), que foi filmada en parte en Suráfrica.

En 2009 interpretou o mercenario Zartan en G.I. Joe: The rise of Cobra.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Filme Papel Notas
1983 Funny People II el mesmo
1984 Boetie gaan border toe Boetie
1985 Morenga Schiller
1987 Skeleton Coast Blade
Saturday Night at the Palace Dougie
Steel Dawn Makker
1988 Act of Piracy Sean Stevens
Gor Norman
1989 Reason to Die Wilson
The Revenger Mackie
1990 Circles in a Forest Saul
Living to Die Jimmy
The Rutanga Tapes Assad
Buried Alive Ken Wade
1992 The Finishing Touch Mikael Gant
1492: Conquest of Paradise Guevara
1993 Red Shoe Diaries 2: Double Dare Bill
Hard Target Pick van Cleaf
1994 Darkman II: The Return of Durant Darkman/Dr. Peyton Westlake
1995 American Gothic (serie de televisión) Rafael Santo Serie de televisión
Fallen Angels MacMan Serie de television
1996 Nash Bridges Alex Abe Serie de televisión
Darkman III: Die, Darkman, Die Darkman/Dr. Peyton Westlake
1997 Zeus and Roxanne Claude Carver
1998 Rough Draft Stefan
Progeny Dr. Craig Burton
1999 Strange World O home do cabelo negro Serie de televisión
The Mummy Imhotep
2000 Charmed Darklighter Serie de television
2001 The Red Phone: Manhunt Wolf Película para televisión
The Mummy Returns Imhotep
2002 Endangered Species Warden
Con Express Anton Simeonov
Warrior Angels Luke
Global Effect Dr. Richard Hume
2003 Veritas: The Quest Vincent Siminou Serie de television
Superaxente Cody Banks Francois Molay
The Red Phone: Checkmate Wolf Película para a televisión
2004 Alias Mr. Zisman Serie de televisión
Meltdown Khalid/Sands Filme de televisión
Forgiveness Tertius Coetzee
2005 24 Habib Marwan Serie de televisión
Im Auftrag des Vatikans Lennart Película para televisión
2006 Diamante de sangue Coronel Coetzee
2007 Living & Dying Detective Rick Devlin
Shark Andre Zitofsky Serie de televisión
2008 Odysseus and the Isle of the Mists Odiseo
Serie de televisiónShark Andre Zitofsky Serie de televisión
2009 Chuck Vincent Serie de televisión
Fire and Ice: The Dragon Chronicles King Augustin
NCIS Mossad Oficial Amit Hadar Serie de televisión
G.I. Joe: The Rise of Cobra Zartan
2011 Vanilla Gorilla ?
The Precious One Kevin Stent
Four Saints Barón de T’Serclaes
Bones Jacob Ripkin Broadsky Serie de televisión
Superman/Shazam!: The Return of Black Adam Black Adam
All-Star Superman Bar-El
Young Justice Kobra

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]