Imhotep
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XXVIII a. C. Menfis |
Morte | século XXVII a. C. Antigo Exipto |
Sábio (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Antigo Exipto |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto , astrónomo , enxeñeiro , médico |
Lingua | Lingua exipcia |
Familia | |
Nai | Kheredu-ankh (en) |
|
Imhotep ou Imouthes foi un visir e o arquitecto da primeira pirámide a Pirámide de Zoser (2.667-2.648 a.C.), da dinastía III do Antigo Exipto.
Manetón outórgalle o mérito de introducir a arquitectura en pedra traballada. Asemade, suponse que redactou un certo número de obras das chamadas "Instrucións" (sebayt), aínda que ningunha delas chegase ata nós.
Pola súa gran sabedoría obtivo unha gran reputación, tanta que aproximadamente douscentos anos despois da súa morte aparecen as primeiras evidencias da súa deificación (algo moi raro no Antigo Exipto fora das figuras dos faraóns).
Está considerado unha deidade vinculada á Sabedoría, escritura e medicina, emparentándose cos cultos dos deuses Ptath e Thot. Os gregos identificárono co seu deus da medicina Asclepio ou Esculapio, e o seu centro de culto en Saqqara: o Asklepeion, converteuse nun importante lugar de peregrinación para os enfermos, que lle ofrecían corpos momificados de Ibis ou réplicas en barro dos membros ou órganos enfermos.
A súa tumba aínda non se atopou pero algúns manteñen que puidera ser a mastaba 3518 de Saqqara (que carece de inscricións).
Na Baixa Época é común velo representado en figuriñas de bronce coma un escriba sentado desenrolando un papiro sobre os seus xeonllos.