Matrix
| Matrix | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Epónimo
| |||||
|
Parte de
| |||||
|
Lingua orixinal
| |||||
|
Franquía de medios
| |||||
|
Cor
| |||||
|
Formato de imaxe
| |||||
| Autoría | |||||
|
Director/a
| |||||
|
Compositor/a
| |||||
|
Guionista
| |||||
|
Director/a fotografía
| |||||
|
Editor/a de cine
| |||||
|
Actores
Carrie-Anne Moss (Trinity (pt)
Marcus Chong (Tank (en) Gloria Foster (Oráculo (pt) Keanu Reeves (Neo) Matt Doran (Mouse (en) Laurence Fishburne (Morpheus (pt) Joe Pantoliano (Cypher (en) Hugo Weaving (Agente Smith (pt) Robert Taylor (Agent Jones (en) Ada Nicodemou (pt) Jeremy Ball (en) Steve Dodd Rowan Witt Julian Arahanga Belinda McClory Paul Goddard Anthony Ray Parker David Aston (pt) Bill Young (en) | |||||
| Temática | |||||
|
Tema principal
| |||||
|
Inspirado en
| |||||
|
Universo ficticio
| |||||
|
Representa a
| |||||
|
Obra derivada
| |||||
| Publicación | |||||
|
Data de publicación
14 de xullo de 1999 (Suecia)
31 de marzo de 1999 (Estados Unidos de América) 17 de xuño de 1999 (Alemaña) | |||||
|
País de orixe
| |||||
|
Produtor/a
| |||||
|
Produtor/a executivo
| |||||
|
Compañía produtora
| |||||
|
Distribuidor/a
| |||||
|
Recadación
| |||||
|
Custo
| |||||
|
Formato de distribución
| |||||
|
Parte da serie
| |||||
|
Puntuación da crítica
73/100 Metacritic (27 de decembro de 2024)
83% Rotten Tomatoes (27 de decembro de 2024) 7.8/10 Rotten Tomatoes (11 de setembro de 2021) 3/4 Roger Ebert (31 de marzo de 1999) | |||||
|
Premios
| |||||
|
Nomeamentos
Óscar á mellor edición de son (15 de febreiro de 2000)
Óscar ó mellor son (15 de febreiro de 2000) Óscar á mellor montaxe (15 de febreiro de 2000) Óscar ós mellores efectos visuais (15 de febreiro de 2000) | |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Sucedido por
| |||||
| Dimensións | |||||
|
Duración
| |||||
| Localizacións | |||||
|
Localización rodaxe
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
|
Descrito pola fonte
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Matrix (en inglés: The Matrix) é un filme de ciencia ficción escrito e dirixido por Lana e Lilly Wachowski e protagonizado por Keanu Reeves, Laurence Fishburne, Carrie-Anne Moss e Hugo Weaving. Foi estreado nos Estados Unidos o 31 de marzo de 1999 e foi o primeiro da triloxía de Matrix e dunha serie de videoxogos, curtas animadas e bandas deseñadas. O filme gañou 4 Premios Oscar incluíndo a mellor montaxe, mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais.
Neste filme fíxose popular o "bullet time" (tempo bala), técnica que consiste en aparentar que se conxela a acción mentres a cámara segue movéndose arredor da escena. O efecto visual conséguese empregando múltiples cámaras que gravan a acción dende distintas posicións a unha cantidade elevada de fotogramas por segundo. Posteriormente intercálanse os fotogramas de cada unha das cámaras. Está categorizada como unha película de Cine Geek.
Estreouse en galego na TVG o 22 de marzo de 2008.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]
Thomas A. Anderson (Keanu Reeves) de día é programador informático e polas noites un hacker que utiliza o alcume de Neo. Pasase a vida buscando a unha persoa, Morfeo, (Laurence Fishburne), e a resposta a unha pregunta: «Que é Matrix?»
Morfeo e os seus, ó decatarse de que os seus inimigos están buscando a Neo, deciden entrar en contacto con el. Outra hacker, Trinity (Carrie-Anne Moss), condúceo ata Morfeo e a resposta que busca. Pero para obtela debe renunciar á súa vida anterior e a todo o que coñeceu ata entón. Acepta e traga unha pílula vermella, en vez doutra azul que suporía quedar como estaba.
Neo descobre que o mundo no que cría vivir non é máis ca unha simulación virtual á que se atopa conectado mediante un cable enchufado no seu cerebro. Os miles de millóns de persoas que viven conectadas ó seu arredor, están sendo cultivadas do mesmo modo para poder dar enerxía ás máquinas. Esta ilusión colectiva (ou simulación interactiva) é coñecida como Matrix.
O grupo de rebeldes do mundo real que lidera Morfeo rescata a Neo da colleita de persoas onde se atopaba preso, e Morfeo explícalle en que consiste a realidade: atópanse presto do ano 2199 e a humanidade está escravizada polas máquinas, que tralo desenvolvemento da Intelixencia artificial (IA) se rebelaron contra a humanidade. Debido a que os seres humanos deterioraron o ceo (privando ás máquinas da enerxía solar que necesitaban), agora empregan á especie humana como fonte de enerxía (cultivándoos en grandes campos, onde son resgardados en cámaras). (Véxase The Second Renaissance de Animatrix para unha explicación máis detallada).
Morfeo cóntalle tamén a Neo que cre que el é o elixido. Este elixido, segundo a profecía, será o encargado de liberar a humanidade da escravitude á que está sometida. Ademais, será quen de cambiar Matrix á súa vontade e dar a vitoria ós humanos. Estes teñen a súa base en Sión (cidade subterránea bastión da resistencia humana).
O mundo virtual de Matrix convértese no campo de batalla onde Neo ten que combater contra os axentes de Matrix, que son uns programas en forma humana capaces de posuír a calquera habitante de Matrix que a resistencia non liberara, e en particular contra o temible axente Smith (Hugo Weaving). Estes intentan impedir que os rebeldes rescaten ás persoas que están conectadas, xa que están programados para capturar a calquera intruso que altere a realidade de Matrix. Neste mundo virtual, os seres humanos que son conscientes da verdadeira esencia do que lles rodea, son capaces de desafiar parcialmente as leis físicas e realizar fazañas asombrosas.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Keanu Reeves como Thomas A. Anderson/Neo: Un programador de ordenadores da Corporación Metacortex cuxo nome de hacker é Neo.
- Laurence Fishburne como Morpheus.
- Carrie-Anne Moss como Trinity.
- Hugo Weaving como Axente Smith.
- Joe Pantoliano como Cypher.
- Julian Arahanga como Apoc.
- Anthony Ray Parker como Dozer.
- Marcus Chong como Tank.
- Matt Doran como Mouse.
- Gloria Foster como O Oráculo.
- Belinda McClory como Switch.
- Paul Goddard como Axente Brown.
- Robert Taylor as Axente Jones.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1999: 4 Oscars: Mellor montaxe, son, efectos visuais, efectos sonoros.
- 1999: 2 premios BAFTA: Mellores efectos visuais, son. 5 nomeamentos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Matrix na TVG". Diario Siglo XXI. 21 de marzo de 2008. Consultado o 20 de abril de 2013.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matrix |
| A Galicitas posúe citas sobre: Matrix |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Web Oficial (en inglés)
- Filmes de 1999
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de Australia
- Filmes dirixidos por Lana e Lilly Wachowski
- Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de Silver Pictures
- Filmes de Village Roadshow Pictures
- Filmes rodados en Australia
- Filmes rodados en Sidney
- Filmes postapocalípticos
- Filmes de artes marciais
- Filmes ciberpunk
- Filmes distópicos
- Filmes sobre intelixencia artificial
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1999 con versión en galego