Texcoco
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Estado federado | Estado de México ![]() | ||||
Capital | Texcoco ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 435,6 km² ![]() | ||||
Altitude | 2.257 m ![]() | ||||
Sitio web | texcoco.gob.mx ![]() |
Texcoco é un concello do Estado de México. Esta municipalidade está situada na rexión oriente do Estado de México, moi próxima á Cidade de México. Está a unha altitude aproximada de 2.250 metros sobre o nivel do mar.[1] En 2010 Texcoco tiña unha poboación de 235 151 habitantes.[1][2]
O seu nome deriva do náhuatl e a definición máis aceptada é "Nas jarillas dos riscos".[1]
As actividades económicas fundamentais son o comercio, os téxtiles e actividades agropecuarias nos arredores.
A cidade aínda conserva o estilo colonial destacando os edificios relixiosos do século XVI. Dentro da propia cidade pódense encontrar vestixios da época precolombiana.
Historia
[editar | editar a fonte]Texcoco fundouse no século XII como estado náhuatl independente e pertencente á tripla alianza Tenochtitlan - Tlacopan - Texcoco. Constituíuse como a segunda cidade máis importante do Imperio Azteca correspondendo até dúas quintas partes dos impostos recadados polo imperio. No seu momento foi recoñecida como centro cultural e contou cun importante acervo de documentos de toda índole, desde poesía até astronomía, así como varios pertencentes a culturas de Mesoamérica máis antigas.
O Rei Netzahualcóyotl (1402-1471) foi un destacado poeta, filósofo e mecenas das artes. Entre os seus múltiplos logros podemos salientar xardíns botánicos e un zoolóxico, que contaban con espécimes traídas de todos os recantos do imperio. As ruínas do que foron centros de lecer para a nobreza como os coñecidos Baños de Netzahualcóyotl aínda se poden visitar. O seu fillo Netzahualpilli (1465-1516) continuou a tradición de promover a arte e a cultura en xeral.
En 1520 as tropas de Hernán Cortés ocuparon a cidade e asasinaron o último rei independente de Texcoco, Cacamatzin. A partir de entón Hernán Cortés fixo de Texcoco a súa base de operacións e plataforma para a posterior Conquista de México.
De 1827 a 1830 Texcoco foi capital do Estado de México.
O nome oficial de Texcoco é Texcoco de Mora en honra a un destacado lexislador.
Algúns sitios de interese da zona son, entre outros, as ruínas do outeiro dos melóns, os baños de Nezahualcóyotl, a casa da cultura e os murais de Diego Rivera na Universidade Autónoma Chapingo.
Política e goberno
[editar | editar a fonte]Alcalde | Período[1] |
---|---|
![]() |
2000-2003 |
![]() |
2003-2006 |
![]() |
2006-2009 |
![]() |
2009-2012 |
![]() |
2012-2015 |
![]() |
2015-2018 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Monografia municipal de Texcoco Arquivado 26 de xullo de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Concello de Texcoco Arquivado 28 de outubro de 2020 en Wayback Machine., SEDESOL, 29 de novembro de 2016.