Saltar ao contido

Terremotos de Turquía e Siria de 2023

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terremotos de Turquía e Siria de 2023

Tiposecuencia de terremotos Editar o valor en Wikidata
Aspecto denational mourning on the behalf of the 2023 Gaziantep-Kahramanmaraş earthquakes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Data
Data6 de febreiro de 2023 Editar o valor en Wikidata
Características
Causado porFalha Oriental da Anatólia (pt) Traducir e Dead Sea Transform (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa defalla estrutural, incendio, tsunami, destrución, Resposta humanitária aos sismos da Turquia e Síria de 2023 (pt) Traducir, estado de emerxencia e Damage of the 2023 Gaziantep-Kahramanmaraş earthquakes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Escala de Richter7,8 Editar o valor en Wikidata
Momento sísmico7,8 Editar o valor en Wikidata
No implicados
No feridos120.000 e 80.160 Editar o valor en Wikidata
No mortes50.132, 12.530, 24.000, 25.000, 34.000, 41.130, 44.000, 46.000 e 48.224 Editar o valor en Wikidata
Localización
LocalizaciónGaziantep e Maraş Editar o valor en Wikidata
Coordenadas37°10′26″N 37°01′55″L / 37.174, 37.032
Situado enprovincia de Gaziantep, Kahramanmaraş ili, Hatay ili, Osmaniye ili, Provincia de Adıyaman, Kilis ili, Diyarbakır ili, Gobernación de Alepo, Malatya ili, Şanlıurfa ili, Provincia de Adana, Batman ili, Elazığ ili, Gobernación de Hama, Gobernación de Idlib, Gobernación de Latakia e Gobernación de Tartus Editar o valor en Wikidata
PaísTurquía e Siria Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Imaxes das consecuencias do terremoto.
Mapa de intensidades do primeiro terremoto de Turquía e Siria.
Mapa de intensidades do segundo terremoto de Turquía e Siria.

O 6 de febreiro de 2023, un terremoto con múltiples réplicas golpeou o sur e centro de Turquía e o norte e oeste de Siria.[1][2] Ocorreu a 34 km ao oeste da cidade de Gaziantep ás 01:17 UTC, cun máximo na escala de Mercalli de XI (Extremo), e unha magnitude de polo menos Mw 7,8. O terremoto provocou danos xeneralizados e milleiros de mortos.

Foi o terremoto máis mortífero e forte en Turquía dende o terremoto de Erzincan de 1939,[3] da mesma magnitude, xunto co que é o segundo máis forte da historia do país despois do terremoto de Anatolia do Norte de 1668.[4] Tamén foi o terremoto máis mortífero que afectou a Siria dende o terremoto de Alepo de 1822, un dos terremotos máis fortes xamais rexistrados no Levante e o terremoto máis mortífero en todo o mundo dende o terremoto de Haití de 2010.[5][6] Sentiuse e causou danos estruturais até Israel, Líbano, Chipre e a costa do Mar Negro de Turquía.[7]

O terremoto tivo máis de 1 000 réplicas, incluída unha infrecuentemente poderosa de Mw 7.7 nove horas despois do sismo principal.[8] Até o 12 de febreiro notificáronse máis de 34 000 mortes; 29 000 en Turquía e 5 000 en Siria.[9][10] A Organización das Nacións Unidas teme que a cifra sexa o dobre da actual ou máis.[11] Unha gran tormenta de inverno obstaculizou os esforzos de rescate, deixando caer neve sobre as ruínas e provocando unha caída en picado das temperaturas.[12] Por mor das baixas temperaturas na área, os sobreviventes, especialmente os atrapados baixos os cascallos, correron un gran risco de hipotermia.[13][14]

  1. Subramaniam, Tara; Mogul, Rhea; Renton, Adam; Sangal, Aditi; Vales, Leinz; Hammond, Elise; Chowdhury, Maureen; Vera, Amir (6 de febreiro de 2023). "6 de febreiro de 2023 Turkey-Syria earthquake news" (en inglés). CNN. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2023. 
  2. "Live Updates Turkey, Syria earthquake kills thousands". AP News (en inglés). 6 de febreiro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 6 de febreiro de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2023. 
  3. ISC (2022). International Seismological Centre, ed. "ISC-GEM Global Instrumental Earthquake Catalogue (1904-2018)". doi:10.31905/D808B825. 
  4. Marco Bohnhoff; Patricia Martínez-Garzón; Fatih Bulut; Eva Stierle; Yehuda Ben-Zion. ScienceDirect, ed. "Maximum earthquake magnitudes along different sections of the North Anatolian fault zone". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2009. Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  5. Said-Moorhouse, L. (9 de febreiro de 2023). CNN International, ed. "The earthquake in Turkey is one of the deadliest this century. Here's why". Consultado o 9 de febreiro de 2023. 
  6. Associated Press, ed. (9 de febreiro de 2023). "The world's deadliest earthquakes in the past 25 years, at a glance". Consultado o 9 de febreiro de 2023. 
  7. Kuşçu, Selim. İHA, ed. "Ordu'da deprem paniği". Consultado o 9 de febreiro de 2023. 
  8. Global Centroid Moment Tensor, ed. (6 de febreiro de 2023). "Global CMT Catalog Search". Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2023. Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  9. BirGün (ed.). "Deprem felaketinde 7’nci gün: Can kaybı 24 bin 617'ye ulaştı!" (en turco). Consultado o 11 de febreiro de 2023. 
  10. Syrian Observatory for Human Rights, ed. (11 de febreiro de 2023). "5273 إنسان ضحـ ـايا الزلزال في سوريا.. ومئات الجثـ ـامـ ـين ترحل من تركيا". Consultado o 11 de febreiro de 2023. 
  11. "Ascenden a mais de 33.000 os mortos en Turquía e Siria polos terremotos". g24.gal. 12 de febreiro de 2023. Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  12. Hubbard, Ben (8 de febreiro de 2023). "Live Updates: Erdogan Visits Quake Area as Death Toll Passes 11,600 in Turkey and Syria". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2023. Consultado o 8 de febreiro de 2023. 
  13. Aziz, Saba (7 de febreiro de 2023). "Turkey earthquake rescue efforts complicated by bitter cold. What to know - National | Globalnews.ca". Global News. Consultado o 9 de febreiro de 2023. 
  14. Soylu, Ragip (6 de febreiro de 2023). "Turkey earthquake: Survivors trapped under rubble face hypothermia threat". Middle East Eye. Consultado o 9 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]