Teresa Rabal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeresa Rabal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Isabel la Católica, Madrid (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , presentadora de televisión , xornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLuis Eduardo Rodrigo (1973–2017)
PaisFrancisco Rabal Editar o valor em Wikidata  e Asunción Balaguer Editar o valor em Wikidata
IrmánsBenito Rabal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0704722 Allocine: 139640 Allmovie: p58356
Musicbrainz: 5687cb21-b616-4e12-8be5-4ab30721cfbb Songkick: 477890 Discogs: 1200943 Editar o valor em Wikidata

María Teresa Rabal Balaguer,[1] nada en Barcelona o 5 de novembro de 1952, é unha actriz, cantante e presentadora de televisión española. Vendeu sete millóns de copias dos seus discos infantís.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Teresa Rabal é filla dos actores Francisco Rabal e Asunción Balaguer e dende os seus primeiros anos viuse rodeada dun ambiente artístico que lle permitiu debutar no cinema con tan só nove anos da man de Luis Buñuel no filme Viridiana (1961).

En 1967 incorporouse á compañía de teatro de Carlos Larrañaga e María Luisa Merlo, e debutou no escenario coa obra Vidas privadas (1970), de Noël Coward, á que seguiron en anos sucesivos Strato Jet 991, dirixida por Fernando Fernán Gómez, Ninette y un señor de Murcia, de Miguel Mihura, La Celestina, de Fernando de Rojas ou La Malcasada de Lope de Vega.

A principios a década de 1970 iniciou unha discreta carreira cinematográfica, que a levou a intervir nunha quincena de títulos entre 1969 e 1976, entre os que figuran La leyenda del alcalde de Zalamea (Mario Camus, 1972), Un casto varón español (Jaime de Armiñán, 1973) ou Ambiciosa (Pedro Lazaga, 1975). Tras casar en 1977 aparouse da gran pantalla, á que só volveu en tres ocasións: Esperando a papá (Vicente Escrivá, 1980), o filme infantil Loca por el circo (Luis María Delgado, 1982) e Muerte súbita (Pablo Guerrero, 2002). Non obstante, a súa carreira como actriz continuou na televisión, e na época dourada dos dramáticos de TVE interpretou numerosos papeis en espazos como Estudio 1 e Novela. Tamén realizou algunha incursión teatral, como a obra Las orejas del lobo (1980), de Santiago Moncada.

En 1980 publicou o seu primeiro disco destinado ao público infantil e nos anos seguintes volcou a súa carreira profesional cara á infancia, estreando vinte e catro discos que fixeron famosas cancións como Veo Veo ou Me pongo de pie, compostas polo seu marido.[2] Ese mesmo ano iniciou unha xira circese con El Circo de Teresa Rabal, co que se mantivo durante máis dunha década.

En 1990, trala chegada das televisións privadas, foi contratada por Antena 3 para substituír a Rita Irasema no programa infantil La Guardería, en que permanece ata 1993. Ese ano pasou a Telecinco, onde presentou durante unha temporada La casa de la guasa, xunto a Kike Supermix.[3]

En 1995 creou os Premios Veo Veo, que pretendían fomentar as actividades culturais na infancia e dende ese ano ata 2010 celebráronse os festivais nacional, rexional e internacional Veo Veo, ademais de estar á fronte da Fundación Teresa Rabal, de axuda á infancia.

En decembro de 2009 decidiu pór en marcha de novo o circo, comezando en Murcia unha xira con El Nuevo Circo de Teresa Rabal con grande éxito durante varios anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Contraeu matrimonio o 1 de maio de 1977 co folclorista, produtor e autor Eduardo Rodrigo,[4][5] falecido en 2017.[2] É tía do actor Liberto Rabal.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Soy Gigi (1973)
  • Yo te quiero Pablo (1973)
  • Tú sabes por qué te quiero (1975)
  • Ven y acércate más (1976)
  • Una cigarra llamada Teresa Rabal (1979)
  • Veo veo (1980)
  • Los cuentos de Teresa Rabal (1981)
  • De oca a oca (1981)
  • Loca por el circo (1982)
  • Yo quiero a Te..re..sa (1983)
  • ¡Can can! (1984)
  • El país de las estrellas (1985)
  • Luna de miel en El Cairo (1985)
  • Fantástica (1985)
  • Ynadamás (1986)
  • Vuela con... Teresa Rabal (1987)
  • Navidad a tope (1988)
  • Diga, diga-me (1989)
  • Por otros 10 años Teresa y Eduardo (1989)
  • Qué lío Lía (1991)
  • Se busca una estrella (1992)
  • Digamos a la vida sí (1993)
  • ¡Oh chico, qué bueno que estás! (1993)
  • Emmanuel, el musical (1994)
  • Vuelve la tía Teresa (2004)
  • El circo de Teresa Rabal (2011)

Notas[editar | editar a fonte]