Entrevista xornalística

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Unha entrevista é un feito que consiste nun diálogo mantida entre dúas ou máis persoas: o entrevistador ou entrevistadores que interrogan e a persoa ou persoas que contestan. Trátase dunha técnica ou instrumento empregado en diversas actividades profesionais (por exemplo en investigación, medicina, selección de persoal). Unha entrevista non é casual senón que é un diálogo interesado, cun acordo previo e uns intereses e expectativas por ambas partes.

A entrevista xornalística distínguese fundamentalmente por tres factores:

  • Un evidente interese cara á persoa entrevistada
  • Pericia no manexo da técnica de pregunta e resposta
  • Vontade manifesta de difundir o resultado nun medio de comunicación

Pero ademais dunha técnica, utilizada polos profesionais para conseguir información, a entrevista é sobre todo un xénero xornalístico. É unha das técnicas máis utilizadas.

A palabra entrevista provén do francés entrevoir que significa o que se entrevé ou o que se avista.

Orixe do xénero[editar | editar a fonte]

Malia a orixe francesa do termo entrevista, as primeiras entrevistas publicadas e recoñecidas como tal son norteamericanas. Os historiadores non se poñen de acordo se a primeira entrevista foi de James Gordon Bennet (director do New York Herald) en 1836 ou Horace Greely no Tribune de Nova York en 1859. Esta última posúe unha maior proximidade ó concepto actual de entrevista, tanto nos obxectivos coma na forma.

No primeiro texto, o de 1836, é a narración do asasinato de Ellen Jewt e o xornalista recolle o testemuño de Rosita, a ama de chaves, en forma de citas textuais, extractos da conversa e declaracións. A novidade é que se rexistran os diálogos no texto.

O segundo texto é unha entrevista de personaxe. Interesa a persoa e é a persoa, en si mesma, o motivo da entrevista. O xornalista acode a Salt Lake City (Estados Unidos) a reunirse co fundador dos mormóns, Briham Young.

Tipos de entrevista[editar | editar a fonte]

A entrevista ten un número de variantes case indeterminadas. A continuación, cítanse varios tipos de entrevista que aparecen nos medios de comunicación:

É a vinculada cos feitos do día

Sobre temas especializados en avances ou descubrimentos científicos, médicos, tecnolóxicos etc.

A que aporta datos, descricións e opinións sobre un acontecemento presenciado.

Datos, xuízos ou opinións recollidos textualmente.

Preguntas destinadas a obter información sobre a opinión dun sector da poboación sobre un tema.

É próximo á biografía, está baseado na combinación de fontes documentais e testemuñais con datos obtidos da persoa entrevistada.

Nalgúns medios úsase periodicamente con distintas persoas. Abrangue rexistros diferentes, desde o humor ata a seriedade.

  • De investigación ou indagación

Non aparece publicado con forma de entrevista. Utilízanse para obter ou contrastar información.

Tamén coñecida como creativa ou de personaxe. Interesa o personaxe dunha maneira global, o valor estético do texto e o interese humano.

Outras clasificacións[editar | editar a fonte]

Outras clasificacións existentes son as seguintes:

Entrevista de opinión, entrevista de noticia ou entrevista de personalidade.

  • Pola canle pola que se obtén:

Presencial, telefónica, por chat, por videoconferencia, ou escrita (por cuestionario remitido a través de correo postal, correo electrónico, fax, etc.).

  • Polo número de entrevistados:

Individual ou colectiva.

  • Pola súa modalidade:

Entrevista estruturada ou formal (preguntas previamente establecidas) ou entrevista non estruturada (desenvolvemento sen preguntas).

O entrevistado[editar | editar a fonte]

Un dos requisitos para que haxa unha entrevista é que o suxeito entrevistado o permita. Isto ocorre normalmente porque ten algún interese en ser entrevistado. As catro razóns principais que pode ter son as seguintes:

  • Polo seu propio ego: polo desexo de aparecer nos medios ou que se coñeza a súa opinión.
  • Por publicidade: sobre todo os políticos e os famosos, que dependen da publicidade para influír na opinión pública ou para continuar soando. Consideran as entrevistas como publicidade gratuíta.
  • Polos ingresos: aínda que segundo moitos códigos deontolóxicos os xornalistas non deberían pagar ós medios, é unha práctica frecuente en medios sensacionalistas. Algúns famosos chegan a ter grandes ingresos por isto.
  • Para axudar ó xornalista: algúns suxeitos déixanse entrevistar simplemente para axudar ó xornalista no desenvolvemento do seu traballo.

O Off the Récord[editar | editar a fonte]

O off the récord é a entrevista periodística na que os datos encontrados danse de forma extraoficial, polo que o nome da persoa que subministra a información mantense en segredo e non se revela (en caso de que o solicite).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]