Saltar ao contido

Temperamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cinco cabezas grotescas, ilustración dos catro temperamentos, en torno a un perfil clásico (debuxo de Leonardo da Vinci, cara a 1490, Royal Library, castelo de Windsor).

O temperamento é a peculiaridade e intensidade individual dos afectos psíquicos e da estrutura dominante de humor e motivación. O termo provén do latín temperamentum: ‘medida’. É a maneira natural con que un ser humano interactúa coa contorna. Pode ser hereditario e non inflúen factores externos (só se eses estímulos fosen demasiado fortes e constantes); é a capa instintivo-afectiva da personalidade, sobre a cal a intelixencia e a vontade modelarán o carácter (no cal si inflúe o ambiente); ocupa tamén a habilidade para adaptarse, o estado de ánimo, a intensidade, o nivel de actividade, a accesibilidade, e a regularidade; o temperamento é a natureza xeral da personalidade dun individuo, baseada nas características do tipo de sistema nervioso.

O temperamento está relacionado coa influencia endócrina (que se debe aos xenes, e que se manifesta en determinados trazos físicos e psicolóxicos). O temperamento e o carácter definen a personalidade do ser humano; e a diferente combinación e intensidade que estes manifestan nas súas diferentes áreas fannos únicos e humanos. Os temperamentos ou o temperamento é o trazo descritivo do estilo de actuar que nos distingue dos demais como únicos e insubstituíbles, de modo que poidamos harmonizar con eles.

O estudo dos temperamentos ocupaba un papel importante na psicoloxía anterior ao século XX. Actualmente, ten o seu gran valor cotián e de utilidade para as persoas en procura de maior sentido á súa vida mediante a súa expresión temperamental e das súas virtudes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]