Tempada 2018-19 da Primeira División Galega de hóckey a patíns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2018-19 da Liga Sénior Masculina Autonómica comezou o 21 de setembro de 2018 e finalizou o 10 de febreiro de 2019. Na competición tomaron parte un total de 12 equipos, dos cales tres eran o segundo equipo doutro equipo na mesma categoría.

Logo da disputa das 22 xornadas de liga regular o AA Dominicos "A" da Coruña proclamouse campión da categoría e clasificouse para a disputa da OK Liga Bronce xunto co tamén coruñés Compañía María "A" (2º clasificado) e o Escola Lubiáns de Carballo (3º clasificado). O AA Dominicos foi ademais o equipo máis goleador da competición con 176 goles e o menos goleado, encaixando tan só 37 goles, mentres que o HC Borbolla "B" foi o equipo menos goleador (44 goles) e o que máis goles encaixou con 177.[1]

O máximo goleador da competición foi Marcos Martínez Ramilo, do Escola Lubiáns, que anotou un total de 50 goles en 21 partidos.[1]

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

A liga disputouse en formato de todos contra todos a dobre volta, polo que cada equipo xogou un total de 22 partidos de liga regular. Ao finalizar esta fase os tres primeiros clasificados disputaron a OK Liga Bronce cos tres primeiros clasificados da Liga Sénior Asturiana, e os dous primeiros clasificados da Liga Norte,[a] para decidir os equipos que ascenderían á OK Liga Prata.[2]

Participantes[editar | editar a fonte]

Equipo Cidade Estadio
HC Borbolla "A" A Coruña Polideportivo de Monte Alto
HC Borbolla "B" A Coruña Polideportivo de Monte Alto
Compañía María "A" A Coruña Colexio Compañía de María
Compañía María "B" A Coruña Colexio Compañía de María
CH Compostela Santiago de Compostela Pavillón Municipal de Vite
AA Dominicos "A" A Coruña Colexio Dominicos
AA Dominicos "B" A Coruña Colexio Dominicos
Escola Lubiáns Carballo Pavillón Carballo Calero
HC Liceo A Coruña Colexio Liceo La Paz
A.C. Ordes Ordes Pavillón Municipal Castelao
HC Raxoi Santiago de Compostela Pavillón Municipal de Vite
Traviesas H.C. Vigo Pavillón do Carme

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
1 AA Dominicos "A" 63 22 21 0 1 176 37 +139
2 Compañía María "A" 48 22 15 3 4 118 44 +74
3 Escola Lubiáns 47 22 15 2 5 131 70 +61
4 CH Compostela 45 22 14 3 5 97 49 +48
5 A.C. Ordes 42 22 14 0 8 101 61 +40
6 HC Liceo "C" 38 22 12 2 8 103 85 +18
7 Compañía María "B" 36 22 12 0 10 81 78 +3
8 HC Borbolla "A" 23 22 7 2 13 70 108 -38
9 HC Raxoi 19 22 6 1 15 54 106 -52
10 AA Dominicos "B" 18 22 5 3 14 60 111 -52
11 Traviesas H.C. 9 22 3 0 19 61 169 -108
12 HC Borbolla "B" 0 22 0 0 22 44 177 -133

Lenda[editar | editar a fonte]

Clasificados para a OK Liga Bronce

Pts = Puntos totais
PX = Partidos xogados
PG = Partidos gañados
PE = Partidos empatados
PP = Partidos perdidos

 

GF = Goles a favor
GC = Goles en contra
DG = Diferenza de goles (GF-GC)

 

Resultados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Liga Norte está integrada por equipos de Castela e León, Euskadi, Navarra, Cantabria e Aragón.
Referencias
  1. 1,0 1,1 "LIGA SENIOR MASCULINA AUTONOMICA 2018/19". Federación Galega de Patinaxe. Consultado o 9 de febreiro de 2020. 
  2. "45.- OK LIGA BRONCE". BASES DE COMPETICION HOCKEY SOBRE PATINES TEMPORADA 2018/2019 (PDF) (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]