Petrópolis
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Unidades da federación | Estado do Río de Xaneiro | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 278.881 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 774,606 km² | ||||
| Altitude | 838 m-872 m | ||||
| Comparte fronteira con | Areal (pt) Paraíba do Sul (pt) Paty do Alferes (pt) São José do Vale do Rio Preto (pt) Miguel Pereira (pt) Guapimirim (pt) Magé (pt) Duque de Caxias Teresópolis | ||||
| Creación | 1843 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | Câmara Municipal de Petrópolis (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 25680-000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 24 | ||||
| Código de concello do Brasil | 3303906 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | petropolis.rj.gov.br | ||||
Petrópolis é unha cidade brasileira situada no Estado do Río de Xaneiro, nas montañas da Serra dos Órgãos. Ten unha área de 774,606 km² e unha poboación estimada de 302.477 habitantes para o ano de 2004. Sitúase a uns 68 km da capital do estado, Río de Xaneiro pola estrada BR-040 e a 463 km da cidade de São Paulo.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi a primeira cidade proxectada do Brasil. Antes de ser construída, a rexión era coñecida como Fazenda do Córrego Seco, e servía como pasaxe do Río de Xaneiro ao estado de Minas Gerais. Chámase Petrópolis (ou sexa, a cidade de Pedro) en homenaxe ao seu fundador, o emperador Pedro II. O clima agradable da rexión atraiu a Familia Real brasileira, que alí construíu a súa estancia de verán. Para acoller a corte foron construídos moitos palacios e construcións luxosas.[1] Ademais, foron "importadas" 600 familias de inmigrantes alemáns no século XIX para colonizar a área.

Aínda hoxe os descendentes da familia real teñen terras na rexión.
Economía
[editar | editar a fonte]O seu agradable clima, as súas construcións históricas, e a abundante vexetación da Serra dos Órgãos e as súas montañas serven como grandes atractivos turísticos. Ademais, a cidade posúe un activo comercio e servizos e tamén produción agropecuaria (na que destacan as plantacións de froitas de clima temperado) e industrias.
Turismo
[editar | editar a fonte]- Museo Imperial
- Palacio de Cristal
- Palacio Quitandinha
- Casa de Santos Dumont
- Palacio Río Negro
- Casa da Princesa Isabel
- Catedral de San Pedro de Alcántara
- Palacio Amarelo
- Palacio Grão Pará
- Trono de Fátima
- Casa de Joaquim Nabuco
- Florália
- Morro Açu (Parque Nacional da Serra dos Órgãos)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Emperor Street". World Digital Library. 1860-1870. Consultado o 2013-08-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Petrópolis |
