Saltar ao contido

Tanxugueiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de decembro de 2021 ás 20:31 por Gasparoff (conversa | contribucións) (→‎Traxectoria: Engado hipervínculo)
Tanxugueiras
Ficheiro:Tanxugueiras.jpg
Imaxe do primeiro traballo do grupo
OrixeGalicia Galiza
Período2016–actualidade
Xénero(s)Música tradicional galega
Selo(s) discográfico(s)Calaverita Records
MembrosAida Tarrio
Sabela Maneiro
Olaia Maneiro
Na rede
https://tanxugueiras.com/#
IMDB: nm13238895 Facebook: Tanxugueiras Twitter: tanxugueiras Instagram: tanxugueiras Youtube: UC-g2p-xkGLXjIOy8FQ5W4Lw TikTok: tanxugueiras Twitch: tanxugueiras BNE: XX6057160 Spotify: 1iHb53TMjvMaXZm0s4RWZi iTunes: 1309586230 Last fm: Tanxugueiras Musicbrainz: 9e7a1b59-c834-465c-bc58-0f39053b7648 Discogs: 7365303 Allmusic: mn0004068744 Deezer: 1403045 Genius: Tanxugueiras Editar o valor em Wikidata

Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. Comezaron a traballar xuntas baixo o nome de Tanxugueiras no ano 2016.

O nome do grupo ten orixe nun microtopónimo. Trátase do nome dunhas leiras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós.[1]

O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional. Con todo, tratan de darlles ás pezas unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao estilo da world music ou mesmo do pop. Así mesmo, busca enfatizar temas como o apoderamento da muller.[2]

Traxectoria

A fama das Tanxugueiras comezou moito antes de sacaren o primeiro disco. A inicios do 2017 volveuse viral nas redes sociais un vídeo no que aparecían cantando unhas panadeiras[3] antes dun concerto coa Banda das Crechas en Glasgow.[4]

Na primavera de 2018 editaron o seu primeiro disco co mesmo nome que o grupo, Tanxugueiras.[5] Este gañou o Premio MIN de disco en galego 2018.[6] O sinxelo de presentación foi "Que non me neguen", en que contaron coa colaboración de Guadi Galego. Neste mesmo ano, publicaron un sinxelo de rock chamado "Cultura crítica" no que colaboran con NAO e co grupo de rap SonDaRúa. Así mesmo, colaboraron co grupo de folk escocés Shooglenifty na canción "East West". Durante a súa xira visitaron escenarios de diversos lugares como Cuba, India, Suíza e Glasgow.

A mediados de 2019 foron galardoadas co Premio Martín Códax da Música na categoría de Música tradicional galega e folque.[7] En novembro saíu á luz o segundo disco, Contrapunto, baixo o selo de Calaverita Records e PlayPlan. Foi producido por Tanxugueiras coa colaboración de Isaac Palacín, quen toca tamén a batería. Xunto de pezas máis próximas á música tradicional, como "Perfidia" ou "Miña Nai", outras músicas, como "Malquerenza" ou "Desposorio" teñen sonoridades que se lembran ao pop ou mesmo a música electrónica. Así mesmo, o disco continúa a reivindicar a figura da muller na música tradicional e na sociedade, un aspecto que se ilustra nos vídeos de presentación do disco, que corresponden ás cancións "Desposorio" e "Perfidia".

No ano 2020 reciben o premio á Mellor Adaptación dunha Peza Tradicional nos XIX Premios La Opinión de Música de Raíz. Así mesmo, Contrapunto é recoñecido coma un dos mellores discos do World Music Charts Europe.

Nos seus traballos do ano 2021, percíbese unha evolución cara a fusión entre música tradicional e sons próximos ao trap e á música electrónica. Un dos seus sinxelos dese ano, "Figa", foi escollido nunha votación non vinculante entre afeccionados ao concurso como tema favorito participar na edición do ano 2022 do festival de Eurovisión.[8] O dez de decembro Televisión Española confirmou a súa presenza entre o catorce artistas preseleccionados e que competirán por unha praza no Festival de Benidorm.[9] Conforme á normativa do concurso, para a súa participación presentaron un tema inédito titulado Terra.[10]

Obra

O primeiro disco, Tanxugueiras, publicouse en 2018. Conta cos seguintes once temas, por esta orde:[11]

  • "Ai a ribeira"
  • "Non cho sei"
  • "Aldeiña de Moscoso"
  • "Bembibre"
  • "Tanxugueiras"
  • "A de sempre"
  • "En Piornedo"
  • "Hermillans"
  • "Que non mo neguen"
  • "Oleró"
  • "Glasgow"

O segundo disco, Contrapunto, publicouse en 2019. Conta con dez temas, por esta orde:

  • "Autocracia"
  • "Albedrío"
  • "Perfidia"
  • "Irmandade"
  • "Miña Nena"
  • "Miña Nai"
  • "O Querer"
  • "Malquerenza"
  • "Desposorio"
  • "Maltraer"

En xuño de 2020, co gallo do día da música, lanzaron o sinxelo "Telo".[12] En febreiro de 2021 publicaron un novo tema coa colaboración de Xisco Feijoo, "Midas"[13], e en xullo de 2021 publicaron "Figa".[14][15]

Premios e recoñecementos

  • XIX Premios La Opinión de Música de Raíz 2020 (Mellor adaptación dunha peza tradicional)[16]
  • World Music Charts Europe 2020 (20 mellores discos de World Music en maio de 2020)
  • Certame aRi(t)mar Galiza e Portugal 2019 (Mellores Músicas de Galiza 2019)[17]
  • Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego 2019 (Finalistas Mellor videoclip por Perfidia)[18]
  • Scots Trad Music Awards 2019 (Finalistas na categoría de Mellor vídeo con Shooglenifty)[19]
  • Premios MIN de la Música Independiente 2019 (Finalistas Mellor álbum galego)
  • Premios Martín Códax da Música 2019 (Mellor grupo de Música tradicional e folk)
  • Premios MIN de la Música Independiente 2018 (Mellor álbum galego)

Notas

  1. "tanxugueiras". Portal das Palabras. Consultado o 28/11/2019. 
  2. Dopico, Montse (27/07/2018). "Tanxugueiras: "Somos tres rapazas e somos capaces de levar adiante un proxecto tan ben ou mellor ca os homes"". Consultado o 28/11/2019. 
  3. carolinapalenciagarcia (2018-09-04). "Ritmo de panaderas". Aula de Música (en castelán). Consultado o 2021-06-26. 
  4. "Las gallegas Tanxugueiras se vuelven virales desde Escocia". 7 de febreiro de 2017. Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  5. "Tanxugueiras comeza a xira de presentación do seu primeiro disco". Cultura Galega. 4 de xuño de 2018. Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  6. "Tanxugueiras gaña o Premio MIN de disco en galego do 2018". Cultura Galega. 14 de marzo de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2019. 
  7. "Premios Martín Códax 2019". Consultado o 27 de decembro de 2019. 
  8. "Os eurofans elixen un tema en galego de Tanxugueiras como o favorito para Eurovisión - Metropolitano". metropolitano.gal. Consultado o 2021-09-10. 
  9. "Tanxugueiras xa están na carreira oficial cara a Eurovisión 2022". Praza Pública. 2021-12-10. Consultado o 2021-12-21. 
  10. Diario, Nós. "Tanxugueiras derruban as "fronteiras" con 'Terra' camiño de Eurovisión". Nós Diario. Consultado o 2021-12-21. 
  11. Inquedanzas (ed.). "Tanxugueiras". Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  12. "Tanxugueiras lanzan un novo tema, 'Telo'". Nós Diario. Consultado o 2021-06-25. 
  13. Redacción (2021-02-05). "Tanxugueiras lanza o seu novo single 'Midas', un xiro cara o trap e a electrónica". Nós Televisión. Consultado o 2021-06-25. 
  14. "Tanxugueiras lanza Figa, o seu novo single, o venres 9 de xullo". Tanxugueiras. 5 de xullo de 2021. 
  15. B. Pallas (10 de setembro de 2021). "Tanxugueiras: «É unha marabilla que a xente decida que unha candidata para Eurovisión poida ser a nosa canción»". La Voz de Galicia. 
  16. "Tanxugueiras gaña con ‘Desposorio’ o galardón á mellor adaptación dunha peza tradicional nos Premios Opinión de Música de Raíz". Tanxugueiras (en castelán). 2020-09-30. Consultado o 2021-06-25. 
  17. triwus.com. "aRi[t]mar | Edición 2019". aritmar.gal. Consultado o 2021-06-25. 
  18. "Academia Galega do Audiovisual". Consultado o 2021-06-25. 
  19. "MG ALBA Scots Trad Music Awards 2019: Shooglenifty and Tanxugueiras". Scots Trad Music Awards (en inglés). 2019-11-04. Consultado o 2021-06-25. 

Véxase tamén

Ligazóns externas