Isaac Palacín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xuño de 1967 (57 anos) Mos, España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Instrumento | Instrumento de percusión |
Isaac Palacín Losada, nado en Mos, o 19 de xuño de 1967, é un músico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como batería e percusionista co mestre cubano Ruy López-Nussa, aprendizaxe que completou con clases de percusión afrocubana con Emilio del Monte e de percusión tradicional galega con Francisco Estévez. Entre os 14 e os 17 anos exerce como afeccionado, formando parte de diversos grupos de rock como La banda del predicador e La nécora prodigiosa entre outros. Ao ano seguinte fixo a súa primeira incursión no mundo do folk como integrante da formación que acompañaba á cantante Uxía. Estivo tamén no colectivo Ya'sta la truop, colaborando con artistas como Los toreros muertos, Poyito de California e Rafa Kass. Máis recentes son as colaboracións nos proxectos do pianista cubano Jorge González "Bombero" ou o autor brasileiro Fred Martíns. No ano 1991 intégrase en Matto Congrio, e no 1995 é un dos confundadores de Berrogüetto.
Colaborou tamén en gravacións de distintos xéneros, con grupos como Na Lúa, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Anubía, Batuko Tabanka, Heredeiros da Crus, Magín Blanco, Beladona, Lizgairo ou The Chieftains. Paralelamente efectuou tarefas de gravación e coprodución artística con Chouteira, Caldaloba, Pan de Capazo, Santi Quintáns, Paco Charlín e o Seminario Permanente de Jazz entre outros. Pola súa vez, tamén tivo relación co sector audiovisual, no que realizou traballos de Xefe e Postprodutor de Son.
Traballos discográficos
[editar | editar a fonte]Traballos publicados con Berrogüetto
[editar | editar a fonte]- Navicularia, 1996.
- A cantar con Xabarín, 1998.
- Cantigas de Nadal, 1999.
- Viaxe por Urticaria, 1999.
- Hepta, 2002.
- 10.0, 2006.
- Kosmogonías, 2010.
Traballos publicados con Matto Congrio
[editar | editar a fonte]- Matto Congrio, 1993.
Participación noutros traballos colectivos
[editar | editar a fonte]- Instrumentos tradicionais galegos, co Grupo didáctico de Instrumentos Populares da Universidade Popular de Vigo.
Traballos audiovisuais
[editar | editar a fonte]Colaboracións
[editar | editar a fonte]- O muíño abandonado, de Lino Fernández, 2006.
- A semente, de María Reimóndez, 2006.
- Tecendo o fío da memoria, de María Reimóndez, 2006.
- Llanos. Presenza e devir dun fotógrafo, de María Ojea, 2008.
Premios
[editar | editar a fonte]Con Berrogüetto
[editar | editar a fonte]- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 1997.
- Eiserner Eversteiner, premio europeo da música no 1998.
- Premio AGAPI á mellor banda sonora na película A rosa de pedra no 1999.
- Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002.
- Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002.
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002.
- Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002.
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007.
- Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2007.
- Finalista do premio ao mellor álbum en galego na Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007.
- Premio á mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2011.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Berrogüetto. O pulso da Terra, 2011, Galaxia, de Fernando Neira.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web de Berrogüetto Arquivado 20 de maio de 2013 en Wayback Machine.