"Talkin’ 2 Myself" é o single nº 42 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 19 de setembro do ano 2007 baixo o selo avex trax. O single contén dúas cancións de rock, unha remestura con orquestra da canción lanzada anteriormente "Fated" e unha versión instrumental da canción principal. Ademais, este é o seu sinxelo nº29 en alcanzar a primeira posición nas listas de vendas, batendo o seu propio récord de maior número de sinxelos en alcanzar o primeiro posto das lista para unha cantante solista. A batería tanto en Talkin’ 2 Myself, como en Decision, tocounas Andy Selway da banda KMFDM.
"Talkin’ 2 Myself" é o segundo single de Hamasaki do ano 2007. Debutou na primeira posición das listas diarias con 26.267 copias vendidas no seu primeiro día. Unha semana máis tarde tamén debutaría no primeiro posto da lista de vendas semanais con 70.325 copias. Este é o décimo sétimo single consecutivo en acadar a primeira posición da cantante, e o seu vixésimo noveno de tódolos tempos en acadar dita posición. "Talkin’ 2 Myself" vendeu 39.840 copias menos que Glitter/Fated durante a súa primeira semana, aínda que Oricon indica que a día de hoxe compra máis xente este single. O single e o single orixinal de vendas máis baixas da cantante dende o lanzamento de Love ~Destiny~ en 1999, que unicamente vendeu 70.540 durante a súa primeira semana.