Talento ático
O talento ático, tamén coñecido como talento ateniense ou talento grego ( do grego: τάλαντον, talanton, "escala", "equilibrio", "suma"), era unha antiga unidade de masa equivalente a 26 kg no sistema decimal, así como unha unidade do valor ou moeda de conta igual a esa cantidade de prata pura.[1][2][3]
Valor na época
[editar | editar a fonte]Orixinariamente entendíase que o talento representaba a masa da auga necesaria para encher unha ánfora dun pé cúbico. A súa equivalencia en peso sitúase en 57 libras (26 quilogramos), aínda que Friedrich Hultsch estimou un peso de 26,196 kg e Dewald, en 1998, ofreceu a hipótese de 25,992 kg.[4][5]
O talento ático dividíase en 60 minas ou 6.000 dracmas, ou 36.000 óbolos.[6]
Como mostra do seu valor na época, durante a Guerra do Peloponeso pagábase un talento mensual á tripulación dun trireme de 200 remeiros, ou, ou o que é o mesmo, un dracma (ou 4,3 gr de prata pura) por remeiro e día.[7] Consonte listaxes de salarios de 377 a. de C., un talento era o soldo que dun traballador cualificado recibía por nove anos de traballo (algo máis de dous dracmas e medio diarios).[8]
O talento no sistema monetario da Antiga Grecia
[editar | editar a fonte]As equivalencias do talento ático en minas e outras moedas daquela época son as seguintes:[9]
- 1 talento = 60 minas
- 1 mina = 100 dracmas
- 1 estatero = 2 dracmas
- 1 dracma = 6 óbolos
- 1 óbolo = 8 calcos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Talento". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Talento".
- ↑ Girod (1827). "Talentum". Páxina 54.
- ↑ Hultsch, Friedrich. Griechische und Römische Metrologie. Weidmannsche Buchhandlung, 1882. 2ª ed. Páxina 135.
- ↑ Waterfield, R. (trad). e Dewald, C. (introd.). Herodotus. The Histories. A new translation bay Waterfield. Oxford University Press. 2008. Appendix II. ISBN 978-0199535668
- ↑ Renfrew; Wagstaff. 1982. An Island Polity. The archeology of exploitation in Melos. Cambridge University Press. 1982. Páxina 49. ISBN 0521237858. "One Attic talent was the equivalent of 60 minae or 6,000 drachmae..."
- ↑ Torr, Cecil. "Triremes". En The Classical Review. Vol. 20. Nº 2. Marzo de 1906. Páxina 137.
- ↑ Engen, Darel. "The Economy of Ancient Greece". En EH.Net. 2004. Economic History Associacion.
- ↑ Renfrew; Wagstaff. 1982. An Island Polity. The archeology of exploitation in Melos. Cambridge University Press. 1982. Páxina 49. ISBN 0521237858. "One Attic talent was the equivalent of 60 minae or 6,000 drachmae..."
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Girod. Dictionaire epécial et classique des monnaies, poids, messures, divisions du temps, chez les grecs, les romains, les juifs et les égyptiens. París-Lion, 1827. Páxina 45.