Saltar ao contido

Padrón ático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tetradracma ateniense ca. 520-510 a. de C. Peso:17,09 g. Padrón ático

O padrón ático foi un estándar ponderal e monetario utilizado durante o período helenístico. Coñécese tamén como padrón eubóico (de Eubea).[1] Despois de Alexandre o Grande, os outros padróns monetarios gregos, excepto o estándar de Rodas, foron abandonados en prol do ático.

O padrón ático foi perdendo peso progresivamente durante o seu período de existencia.[2]

Peso de bronce consonte o padrón ático. Peso: 446 gr

A unidade en que se baseaba o padrón monetario ático era de arredor de 17,26 gramos de prata, o que o diferenciaba do utilizado no Exipto tolemaico.[3][1][4]

Filipo II de Macedonia adoptou o sistema ático para o seu reino, do mesmo modo que Alexandre o Grande.[2] A adopción por parte do Imperio Macedonio do padrón ático provocou a desaparición do resto dos sistemas bardante o padrón de Rodas, xa que os rodios tiñan un ámbito comercial propio ben establecido con áreas como Exipto.[5]

Durante os 300 anos do período elenístico, o padrón ático experimentou sucesivos cambios. Na época de Alexandre o Grande, o tetradracma pesaba 17,28 gramos de prata, en tanto que en 300 a. de C. xa baixara lixeiramente ata os 17,20 gramos. A ceca da Antioquía seléucida constata un proceso continuo de diminución do peso, que foi imitado por outras cecas da rexión.[2]

Todos os estados dos Diádocos estados utilizaron o padrón ático, coa única excepción do Exipto tolemaico, que usou no seu lugar un padrón monetario propio de orixe fenicia.[2][4]

  1. 1 2 Plant, I. M. (2004). Páxina 141.
  2. 1 2 3 4 Mørkholm, O. (1991). Páxina 8.
  3. "Attic Weight Standard". Forum Ancient Coins.
  4. 1 2 Bagnall, R. (1976).
  5. Berthold, R. M. (2009). Páxinas 48-49.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]