Talant Dujshebaev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Talant Dujshebaev
Talant Dujshebaev 02.jpg
Nacemento2 de xuño de 1968
 Bixkek
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónbalonmanista e adestrador de balonmán
FillosAlex Dujshebaev e Daniel Dujshebaev
PremiosMestre Honorário de Desportos da União Soviética
editar datos en Wikidata ]

Talant Dujshebaev Mukhanbetov, nado en Bixkek (Kirguizistán) o 2 de xuño de 1968, é un ex-xogador de balonmán español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou na seleccións da URSS, a CEI, Rusia e España, esta última tras nacionalizarse español en 1995. Coa selección española gañou varias medallas en campionatos internacionais, mais nunca conseguiu gañar un título.

Foi elixido mellor xogador do mundo nos anos 1994 e 1996, e segundo mellor xogador do século en 2000, por detrás do sueco Magnus Wislander. Anunciou a súa retirada trala disputa dos Xogos Olímpicos de Atenas e en 2005 converteuse no adestrador do seu antigo equipo, o BM Cidade Real.

Clubs[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

  • Gañador da Copa de Europa de Balonmán 1993/94
  • Subcampión da Copa de Europa de balonmán 2004/05
  • Campión da URSS en 1990 e 1992
  • Campión da Recopa de Europa 2001/02 e 2002/03
  • Campión de Liga Asobal en 1992/93, 1993/94 e 2003/04
  • Copa ASOBAL 1992/93, 1993/94 1996/97, 2003/2004, 2004/2005 (como xogador) 2005/06 (como adestrador)
  • Copa de Europa 2005/06 (como adestrador)
  • Supercopa de Europa de balonmán 2005/06 (como adestrador)
  • Supercopa de España de balonmán 2004/05
  • Copa do Rei de balonmán 1994/95 e 2002/03
  • Copa IHF 1992/93

Seleccións nacionais[editar | editar a fonte]