Alex Dujshebaev
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Alex Dujshebaev Dovichebaeva 17 de decembro de 1992 (31 anos) Santander, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 187 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | balonmanista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | balonmán | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
2020 | Handebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Masculino (pt) (3º) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Talant Dujshebaev | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Daniel Dujshebaev (en) |
Alex Dujshebaev Dovichebaeva, nado en Santander, Cantabria, o 17 de decembro de 1992, é un balonmanista internacional español. É fillo do retirado xogador internacional e adestrador hispano-kirguiz Talant Dujshebaev e irmán do tamén internacional Daniel Dujshebaev. Forma parte do Vive Tauron Kielce polaco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alex Dujshebaev debutou en 2010 no equipo que adestraba o seu pai, o BM. Cidade Real, que despois sería o BM. Atlético de Madrid, xa desaparecido. Na tempada 2010-2011 foi cedido ao Naturhouse A Rioxa. Na tempada 2012-2013 xogou na Caixa3 Balonmán Aragón, desde onde pasou ao BM. Atlético de Madrid. Na tempada 2013-2014 ficha polo RK Vardar macedonio, onde permanece ata a tempada 2017-2018, momento no que pasa ás filas do Kielce polaco.
Alex foi parte da selección xuvenil coñecida como os hispanos de ouro campións de Europa e do Mundo nos campionatos xuvenís coa Selección de balonmán de España.
Dende o Campionato Mundial de Balonmán Masculino de 2013, ao que non puido acudir por lesión, foi habitualmente convocado pola Selección de balonmán de España absoluta para todas as grandes citas internacionais.
Alex é coñecido pola versatilidade do seu disparo e a súa calidade no 1 contra 1; é un gran fintador e lanzador.
Entre outros galardóns, na tempada 2018/2019 alcanzou o de máximo goleador da liga de Campións da EHF.
Equipos
[editar | editar a fonte]- Marianistas Ciudad Real
- BM. Ciudad Real (2010)
- Naturhouse La Rioja (2010-2011)
- Caja3 Balonmano Aragón (2012-2013)
- BM. Atlético de Madrid (2013)
- RK Vardar (2013-2017)
- Vive Tauron Kielce (2017-act.)
Palmarés
[editar | editar a fonte]Vardar
[editar | editar a fonte]- Liga de Macedonia de balonmán (3): 2015, 2016, 2017
- Copa de Macedonia de balonmán (4): 2014, 2015, 2016, 2017
- Liga SEHA (2): 2014, 2017
- Liga de Campións da EHF (1): 2017
Kielce
[editar | editar a fonte]Selección Española
[editar | editar a fonte]- Medalla de prata no Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 2016
- Medalla de ouro no Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 2018
- Medalla de ouro no Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 2020
- Medalla de bronce no Campionato Mundial de Balonmán Masculino de 2021
Consideracións individuais
[editar | editar a fonte]- Mellor Lateral Dereito da liga ASOBAL (1): 2013
- Nados en 1992
- Nados en Santander
- Deportistas de Cantabria
- Xogadores de balonmán olímpicos de España
- Medallistas olímpicos de bronce por España
- Medallistas olímpicos en balonmán
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 2020
- Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 2024