TANGO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
TANGO controls logo.png
  TANGO logo

{{{rodapé}}}
Desenvolvedor: TANGO Consortium
Última versión: 8.1.2 (9 de xullo de 2013)
Sistema operativo: Multiplataforma
Xénero: Software libre
Licenza: GPL e LGPL
En galego:
Sitio web: www.tango-controls.org

TANGO (en inglés "TAco Next Generation Objects") é un sistema libre e aberto de control orientado a obxectos que ofrece ferramentas para o control de calquera tipo de hardware e software nun sistema SCADA. O seu uso principal é o control de aceleradores de partículas tipo sincrotrón e dos experimentos levados a cabo neses aceleradores, pero tamén pode ser utilizado para outros experimentos científicos ou, en xeral, para calquera tipo de programa e/ou maquinaria, xa que se atopa en desenvolvemento activo por un consorcio composto por diversos institutos de investigación.

É un sistema distribuído de control que funciona tanto nunha máquina illada como sobre centos delas conectadas. Tango emprega dous protocolos de comunicación: omniorb, como implementación de CORBA como protocolo de rede, e Zeromq. A comunicación básica segue o modelo cliente-servidor. A comunicación entre clientes e servidores pode ser síncrona, asíncrona ou dirixida por eventos. Omniorb emprégase para a comunicación síncrona e asíncrona, mentras que Zeromq utilízase para a comunicación de eventos (dende a versión 8 de TANGO).

Está baseado no concepto de orientación a obxectos e orientado a servizo. O obxecto modelo soporta métodos, atributos e propiedades. Dentro de TANGO todos os obxectos veñen representados por dispositivos.

Servidores de dispositivos[editar | editar a fonte]

TANGO emprégase como Middleware para proporcionar acceso remoto a maquinaria. Esta maquinaria pode ir dende bits dixitais de entrada/saída ata sofisticados sistemas de detección ou sistemas de control completos. O acceso á maquinaria prográmase a través dun proceso chamado Servidor de dispositivos. Este servidor de dispositivos implementa clases de dispositivos que ó mesmo tempo implementan o acceso real á máquina. En tempo de execución o servidor de dispositivos xenera os dispositivos que son a representación lóxica das instancias hardware. O cliente importa os dispositivos, por medio duna base de datos, e mándalles peticións usando o protocolo TANGO. Estes dispositivos poden almacenar valores de configuración nunha base de datos MySQL de forma permanente.

Linguaxes soportadas[editar | editar a fonte]

Licenza[editar | editar a fonte]

Distribúese baixo dúas licenzas. As librerías atópanse baixo a licenza GNU pública xeral menor ou LGPL. As ferramentas e servidores de dispositivos (salvo manifestación expresa) atópanse baixo a licenza GNU pública xeral ou GPL.

Código Aberto[editar | editar a fonte]

É un proxecto de código aberto. Calquera pode descargar e usar TANGO. O código fonte atópase en dous repositorios de subversion en SourceForge.

  1. código fonte do núcleo
  2. código fonte de servidores

Pódense realizar cambios locais ou correccións de erros sobre os ficheiros fonte, pero o envío de cambios ó repositorio require autorización.

Proxectos que empregan TANGO[editar | editar a fonte]

Unha breve lista de proxectos que usan Tango (ademais dos que forman parte do consorcio):

  1. C3 Prototype da European Mars Analog Station
  2. As diagnoses do Laser_Mégajoule
  3. O equipamento laser CILEX_APOLLON
  4. A fonte compacta de luz ThomX

Consorcio[editar | editar a fonte]

O consorcio é o grupo de institucións que participan activamente no desenvolvemento de TANGO. Para entrar a formar parte, unha institución debe asinar o memorando de comprensión e activamente enviar contribucións ou desenvolvemento. Actualmente o consorcio fórmano as seguintes institucións:

  1. ESRF - European Synchrotron Radiation Facility, Grenoble, Francia
  2. SOLEIL - Soleil Synchrotron, París, Francia
  3. ELETTRA - Elettra Synchrotron, Trieste, Italia
  4. ALBA - Alba Synchrotron, Barcelona, España
  5. DESY - Petra III Synchrotron, Hamburgo, Alemaña
  6. MAX-lab - sincrotrón MAX-lab, Lund, Suecia
  7. FRMII - Fonte de neutróns FRMII, Munich, Alemaña
  8. Solaris - Sincrotrón Solaris, Cracovia, Polonia
  9. ANKA - sincrotrón ANKA, Karlsruhe, Alemaña

O obxectivo do consorcio é garantir o desenvolvemento de TANGO.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • EPICS -- en inglés Experimental Physics and Industrial Control System (Sistema de control industrial e de experimentación física),
  • SCADA -- en inglés Supervisory Control And Data Acquisition (Control supervisor e adquisición de datos),
  • openSCADA - implementación en Java de código aberto.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]