Subversion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Subversion
Subversion-logo-cropped.png
Data: 2000
Deseñador: CollabNet
Desenvolvedor: Apache Software Foundation
Postas en funcionamento: 20 de outubro de 2000
Sistema operativo: Multiplataforma
Licenza de software: Licenza Apache
Web: subversion.apache.org

Apache Subversion (SVN) é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo de moitas persoas para o desenvolvemento de software, páxinas web ou documentación. Distribúese como software libre coa licenza de Apache[1]

Creouno CollabNet Inc. en 2000, co liderádego de Karl Fogel e Ben Collins-Sussman e coa finalidade de ser compatible con Concurrent Versions System (CVS), o naquela hora sistema de control de versións máis usado, e ser o seu sucesor[2]. A maioría dos proxectos de software libre comezárono a empregar, axudados pola procedencia dos fundadores de SVN e a frustración con CVN[2]. Subversion alóxase agora na Apache Software Foundation, despois de que no 2009 CollabNet llelo candidataran para que xestionasen o seu desenvolvemento[3].

Subversion emprégase amplamente en proxectos como Apache Software Foundation, Free Pascal, FreeBSD, GNOME, GCC, KDE, Python ou Samba. SourceForge.net fornece a hospedaxe con Subversion para os seus proxectos de código aberto. Google Code tívoo empregado antes do seu peche[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Subversion". directory.fsf.org. Free Software Directory. 2013. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Version Control with Subversion". Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  3. "Celebrating a Decade of Open Source Leadership". Consultado o 2017-01-06. 
  4. Google Code, About. "Ofreceu o aloxamento de proxectos con Subversion, Mercurial e Git. Ampliouse para ofertar wikis, descargas e mesmo xestión de problemas. Mais, no 2015 Google deulle un adeus ao servizo, o que tiña xa esmorecido, eclipsado por outros proxectos de aloxamento baseado en software libre moito máis ricos."

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Galilibros
O Galilibros ten un manual sobre: Subversion