Témpera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madonna e o seu fillo, cadro pintado coa técnica da témpera.

A témpera é unha técnica pictórica que utiliza cores diluídas en auga mesturadas con aglutinantes, por exemplo auga con cola forte ou con xema de ovo batida, o ovo enteiro ou soamente a clara, usada para esluír as cores da pintura ao témpero e fixalas[1][2].

Por extensión chámase témpera á preparación pictórica que utiliza esta técnica ou á obra realizada con esta técnica[3]. Referida na obra de Cennino Cennini, Il Libro dell´Arte, do final do século XIV, a técnica de pintura a témpera foi largamente utilizada na arte italiana nos séculos XIV e XV, tanto en frescos como en paneis de madeira preparados con xeso ou xiz[4]. Dadas as limitacións da técnica na gradación das tonalidades dunha cor, esta sería substituída, por pintores e artesáns, pola pintura ao óleo.

O nacemento de Venus, pintada por Boticelli coa técnica da témpera

Dende o punto de vista tecnolóxico, a gradación de tonalidades e a fusión de cores son difíciles por mor do secado rápido. De aí, a técnica utilizada para esa fin é a sobreposición de pinceladas coa pintura seca, con puntos ou liñas claras ou escuras, e con cruzamento de riscos. Pódese tamén traballar co verniz resinoso ou cunha goma sobre a tinta, realzando o brillo e os matices. En canto ao resultado final, as cores da témpera son brillantes e translúcidas, no entanto é posíbel crear cores opacas e fortes, sempre que o pigmento sexa menos diluído no aglutinante.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición en Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Edicións do Cumio, 1999
  2. Andrew Graham-Dixon (2012). Arte, o guia visual definitivo. Publifolha. p. 612. Materiais e técnicas p. 24. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para témpera.
  4. Cennino Cennini. Il libro dell´Arte. Commentato e Annotato da Franco Brunello con una introduzione di Licisco Magagnato. Vicenza: Neri Pozza Editore, 1997.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]