Clara de ovo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clara de ovo circundando a xema
Claras a punto de neve, co que se fai o merengue.

A clara de ovo, branco do ovo ou albume[1] é a parte transparente da célula de ovo, que circunda a xema e está formada predominantemente por auga e pola proteína albumina. Coa calor, a albumina sofre desnaturalización e coagula.[2]

A clara de ovo posúe un núcleo triploide que moitas veces acumula reservas nutritivas, utilizadas polo embrión durante o seu desenvolvemento. Co desenvolvemento do embrión, os tecidos do óvulo tórnamse deshidratados, e os envoltorios do óvulo, impermeábeis.

A nivel gastronómico é a substancia líquida e transparente que arrodea a xema do ovo, que se torna branca ao fritila ou cocela[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Arnaldo Cantani (2008). Pediatric Allergy, Asthma and Immunology. Berlin: Springer. pp. 710–713. ISBN 3-540-20768-6. 
  3. Definición en Portal das Palabras

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]