Pintura acrílica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pintura acrílica vermella ou roxa[1][2]
Obra de Menchu Lamas, acrílico sobre lenzo
Pinturas acrílicas fluorescentes iluminadas por luz UV.

A pintura acrílica é unha pintura de secado rápido que contén pigmento nunha emulsión de polímero acrílico.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1934, unha empresa química alemá creou resina acrílica. Utilizouse por primeira vez na década de 1940. Os acrílicos estaban dispoñíbeis comercialmente como pintura para artistas na década de 1950. Máis tarde, realizáronse moitos avances na fabricación da pintura acrílica a medida que cada vez máis xente comezou a usar este material.

Tipos[editar | editar a fonte]

  • Acrílico profesional: A tinta acrílica profesional ten maior resistencia a reaccións químicas como resultado da exposición á agua e osíxeno. Ese tipo de pintura ten o máximo de pigmento, o que limita a mudanza de cor cando é mesturado con outras cores ou após o secado.
  • Acrílico escolar: Os acrílicos estudantís posúen características semellantes aos de tipo profesional, mais cunha concentración menor de pigmento e menos tonalidades de cores dispoñíbeis.[3] O facto de ser a agua o disolvente conférelle menor toxicidade que outras pinturas como o óleo.

As tintas acrílicas son indicadas para ambientes externos debido ás súas propiedades:

  • Resistencia á radiación ultravioleta: presentan menos calcinación e envellecemento.
  • Maior resistencia á agua: Menos formación de bochas. Resistencia ao mofo e ao acumulación de sucidade.
  • Adesión en condicións húmidas: Menor incidencia de rachaduras e descascamento.

Alén diso, unha das principais vantaxes da tinta acrílica é manter en boa medida a cor orixinal despois do secado.

Uso[editar | editar a fonte]

As pinturas acrílicas pódense diluír con auga, pero son resistentes á auga cando se secan. Ao secar, a pintura acrílica normalmente non se pode eliminar dunha superficie sólida. Poden ter un uso artístico, artesanal ou en bricolaxe.

Na arte[editar | editar a fonte]

Dependendo da cantidade de pintura acrílica diluída (con auga) ou modificada con xeles acrílicos, medios ou pastas, a pintura acrílica rematada pode parecerse a unha acuarela ou unha pintura ao óleo ou ter un aspecto único, máis satinado ou mesmo incluír pigmentos fluorescentes.

Utilizouse moito na arte moderna e é máis barata que a pintura ao óleo, un material máis caro pero tamén máis duradeiro. A pintura acrílica pode dar unha cor máis brillante e viva que as pinturas ao óleo, pero é menos versátil para as veaduras.

Artistas como David Hockney, e en Galiza varios membros do grupo Atlántica empregaron habitualmente a pintura acrílica en diversas etapas nas súas obras, sobre táboa ou lenzo, e outros como Ron Mueck para colorir as súas esculturas de látex.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]