Técnica de impresión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xilografía de Jost Amman mostrando un gravador

Baixo o concepto de técnica de impresión englóbase un conxunto de procesos de elaboración de obras de arte mediante impresión, na maioría dos casos sobre papel ou téxtil. Excepto no caso da monotipia, o proceso é capaz de producir múltiples copias dun mesmo documento ou imaxe.

Técnicas[editar | editar a fonte]

Xilografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xilografía.
Xilografía de Hiroshige.

A xilografía é unha técnica de impresión sobre unha prancha de madeira cortada a febra, na que se labra o texto á man cun cicel ou buril.

Gravado[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Gravado.

O gravado é unha das técnicas máis empregadas, tanto é así que ás veces se emprega como epónimo das técnicas de impresión, menciónase como as tarefas de elaboración de debuxos realizando incisións nunha "matriz", coa finalidade de aloxar nela a tinta para poder así reproducir o mesmo debuxo varias veces. A matriz acostuma ser de metal, empregándose xeralmente pranchas de Cobre ou Zinc.

Variantes[editar | editar a fonte]

Litografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Litografía.
A Goulue, Póster litográfico de Toulouse-Lautrec.

Este técnica de impresión inventada en 1798 por Alois Senefelder emprega unha pedra calcaria previamente puída sobre a que se debuxa a imaxe en negativo a imprimir cunha materia graxa, ben sexa mediante lapis ou pincel.

Variantes litográficas[editar | editar a fonte]

Augaforte[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Augaforte.
As tres cruces, augaforte de Rembrandt.

O augaforte trátase dunha técnica realizada mediante pranchas ou láminas dunha aliaxe metálica, habitualmente de ferro e/ou zinc.

Posteriormente a prancha é esparexida con ácido, que corroe o metal non vernizado, facendo visíbel o motivo.

Artistas que empregaron a técnica de augaforte[editar | editar a fonte]

Serigrafía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Serigrafía.
Detalle dunha serigrafía.

A serigrafía é un método de reprodución de documentos e imaxes sobre case todos os materiais, que consiste en transferir unha tinta a través dunha gasa.

Artistas que empregaron a serigrafía[editar | editar a fonte]