Impresión Offset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MAN Roland press

A impresión Offset é un método de reprodución de documentos e imaxes sobre papel ou materiais similares.

Características[editar | editar a fonte]

A impresión offset realízase mediante pranchas (xeralmente de aluminio) tratadas e fixadas sobre cilindros, de modo que hai una prancha por cada cor que se queira representar, ou no caso da fotocromía, por cada unha das catro cores (negro, maxenta, ciano e amarelo). Deste modo obtense papel impreso con imaxes a toda cor.

Para que a prancha se impregne de tinta unicamente naquelas partes con imaxe, sométese á prancha a un tratamento fotoquímico, de tal maneira que as partes tratadas repelen a auga (zonas hidrófobas). Así, a prancha pásase primeiro por un mollador, impregnándoa de auga, e seguidamente por un tinteiro. Como a tinta é un composto graxo, é repelida pola auga, e se deposita exclusivamente nas partes tratadas, ou sexa, con imaxe. Finalmente as imaxes xa entintadas transfírense a un caucho que forra outro cilindro, sendo este caucho o que entra en contacto co papel para imprimilo, axudado por un cilindro de contrapresión, ou platina.

Vantaxes[editar | editar a fonte]

  • Obtense unha imaxe de alta calidade consistente, máis clara e definida que con outros sistemas de impresión.
  • Pódese utilizar nunha gran cantidade de superficies aparte de en papel liso (madeira, roupa, metal, coiro, papel rugoso...).
  • As láminas son de rápida e fácil produción.
  • A duración das láminas é maior que en imprentas de litografía directa, porque aquí non hai contacto directo entre o caucho e a superficie de contacto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]