Sybil Wettasinghe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSybil Wettasinghe
Nome orixinal(si) සිබිල් වෙත්තසිංහ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1927 Editar o valor em Wikidata
Galle, Sri Lanka (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xullo de 2020 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Sri Jayawardenepura General Hospital, Sri Lanka (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSri Lanka Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónHoly Family Convent, Bambalapitiya (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónilustradora , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1944 Editar o valor em Wikidata - 2020 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua cingalesa Editar o valor em Wikidata

Sybil Wettasinghe (cingalés: සිබිල් වෙත්තසිංහ), nada en Ginthota o 31 de outubro de 1927 e finada en Sri Jayawardenapura-Kotte o 1 de xullo de 2020, foi unha ilustradora e escritora infantil srilankesa, considerada a decana da literatura infantil en Sri Lanka, escribiu máis de 200 libros para nenos que se traduciron a diversas linguas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A segunda de cinco irmáns, seu pai era contratista e seu avó fora escultor. Pasou os primeiros seis anos da súa infancia na vila de Ginthota, nos arredores de Galle, e realizou a educación primaria na escola busdista local. Tras mudarse a súa familia a Colombo cando tiña seis anos ingresou na escola do Convento da Sagrada Familia de Bambalapitiya[1].

En 1942 seu pai enviou algúns debuxos de Sybil para unha exposición nunha galería de arte, e alí viunos o director do Royal Primary, H. D. Sugathapala, e ofreulle ilustrar un libro de texto para primaria. Con 17 entrou no xornal Lankadeepa e en 1952 cambiou para traballar no grupo Lakehouse para se converter na ilustrador principal do xornal Janatha, e foi a primeira muller en Sri Lanka en traballar a tempo completo como xornalista. Escribiu, ademais de ilustrar, en diversas publicacións do grupo como Sunday Observer, Silumina, Daily News e Sarasaviya. En 1955 casou con Dharmapala Wettasinghe, o editor xefe de Lakehouse News; a parella tivo catro fillos e cinco netos. En 1952 mentres traballaba en Janatha realizou o seu primeiro intento de escribir ficción, foi co conto Kuda Hora na páxina infantil do xornal e que acabou desenvolvendo nun libro que se publicou en 1956 co mesmo título e foi o primeiro libro infantil que se publicou no país[2] e que se acabou por converter no máis famoso da autora, gañador do premio ao mellor libro estranxeiro en 1986 e ao libro máis popular en 1987 da Asociación de Bibliotecas do Xapón[3]. Inspirada polo seu éxito do seu primeiro libro continuou a escribir ata realizar máis de 200 libros infantís no decurso da súa vida. Por Meti Gedara Lamai gañou o premio Literario Estatal de 1992[4].

As súas obras traducíronse ao xaponés, chinés, sueco, noruegués, danés, inglés, coreano, neerlandés e támil. Ademais editou[5] o semanario infantil Bindu (1986) e en 2009 publicou a súa autobiografía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Malinda Seneviratne. "Illustrating the child in Sybil Wettasinghe". infolanka. 
  2. Byron Preiss, Kathy Huck e Jeffrey Garrett (1996). The Best Children's Books in the World : A Treasury of Illustrated Stories. Harry N. Abrams. p. 265. 
  3. Ajay Kamalakaran (5 de xullo de 2020). "Sri Lanka’s most famous children’s books author Sybil Wettasinghe dies at 92". Scroll. 
  4. Charles A. Gunawardena (2005 [2003]). Encyclopedia of Sri Lanka (2ª ed.). Sterling Publishers. 
  5. "Sybil presents ‘Kuda Hora’ in new garb". Daily FT. 9 de abril de 2016.