Susana Martínez-Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSusana Martínez-Conde

Martínez-Conde recibindo o premio Science Educator da Sociedade de Neurociencia, no 2014.
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1969 (54 anos)
A Coruña, Galicia Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoNeurociencia Editar o valor em Wikidata
OcupaciónInvestigadora e científica
EmpregadorSUNY Downstate Health Sciences University (en) Traducir
University College de Londres
Facultade de Medicina Harvard
Barrow Neurological Institute (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Susana Martínez-Conde, nada na Coruña o 1 de outubro de 1969 é unha científica neuronal galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Susana é licenciada en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e doutora en Medicina polo programa de neurociencia da Universidade de Santiago de Compostela.[1] É profesora de oftalmoloxía, neuroloxíafisioloxía e farmacoloxía na Universidade Estatal de Nova York, no Centro Médico Downstate, onde dirixe o Laboratorio de Neurociencia Integrativa. Dirixiu laboratorios anteriormente no Barrow Neurological Instituto e no University College de Londres.[2]

As súas investigacións tratan sobre a neurociencia perceptual, cognitiva e oculomotor. É coñecida polos seus estudos sobre as ilusións, os movementos do ollo e percepción e os trastornos neurolóxicos.[3]

Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CDI. "CDI - Susana Martínez-Conde". CDI (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-21. 
  2. SUNY Downstate Medical Center (ed.). "Department of Ophthalmology Faculty - Susana Martinez-Conde, PhD". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2015. 
  3. LISTA, OMAYRA (2013-05-08). "Susana Martínez-Conde, el cerebro en clave gallega". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-03-21. 
  4. Diario, Nós. "O Comité de Sabias fúndase no acceso igualitario ao eido dixital". Nós Diario. Consultado o 2021-03-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]